sábado, 23 de mayo de 2009

O CONCELLO DA PONTENOVA PASA DO DEPORTE.......VERGONZOSO!!!‏


Boas a todos, levo toda tempada aguantando e mordéndome a lengua, por non perjudicar a directiva do SUPERTI,FS si o CONCELLO DA PONTENOVA decidía rectificar e apoiar de algún xeito a éste equipo que milita NA LIGA DE NACIONAL B E LEVA O NOME DE A PONTENOVA POR TODO GALICIA, ésta liga para os que non teñan moi postos no fútbol sala equivale a 3ª división do fútbol campo, unha categoría máis que aceptable e importante para un equipo dun concello coma o noso, e que necesita un alto presuposto para poder participar nela.
PLENARIO

Ver nota



Eu son o xogador da plantilla que máis anos leva no equipo, 7 anos si a memoria non me falla, e éste foi o primeiro ano no que as nosas equipacions non lucian o logotipo do CONCELLO DA PONTENOVA, algo que me indignaba bastante como xogador deste equipo e vecín do concello, coñecendo de sobra os esforzos da directiva por manter non só o equipo sinon tamén a canteira e categorías inferiores. O SUPERTI,FS fíxose cargo do fútbol sala de base para os cativos do concello, xuntando arredor de 45 cativos, con monitores para inicialos no deporte, aparte do equipo senior de Nacional B, tiña os seguintes equipos, Infantiles (campeós provinciales no 2008) e quedaron 4º no campeonato galego, Cadetes, Benjamín (campeon de copa provincial 2009), Prebenjamines e Alevines, equipos de base que o SUPERTI, FS entrenou, e se fixo cargo de todos os gastos que esto lle supón, desprzamentos, monitores, equipacions, etc. Etc. e para os que o concello non aportou un só euro, aparte de non apoiar o deporte de base nin o primeiro equipo ó concello concedéronlle unha subvención da Diputación por valor de 2600 euros aproximadamente para material deportivo, non sei en que os gastou, nos cobertizos dos banquillos e nas redes das porterías non, porque ata eso tivo que comprar o SUPERTI, FS, a limpeza do pabellón deixou moito que desexar durante toda temporada, chegando e termos que barrer en máis dunha ocasión antes dos partidos, fomos a vergoña da categoría nese aspecto si o comparamos co resto de pabellons nos que xogábamos, serían mellores ou peores pero limpos estaban, o noso parecía un estercolero, éste tema comenteillo eu o alcalde nun pleno no mes de novembro, igual ca si llo digo o aire porque todo seguiu igual………. non sei exactamente o grado de colaboracón do concello co resto de clubes e asociacions deportivas, pero paréceme que deixa bastante que desexar en alguns aspectos, a mín persoalmente habíame dar vergoña ser o CONCELLEIRO DE DEPORTES ou ALCALDE deste concello e que me dixeran que tiña un equipo en NACIONAL B e non colaboraba con él para nada!!!! Encima de aparecer na tabla de clasificación co nome de A PONTENOVA a secas…..habíame caer a cara de vergonza sí me din que os pais dos cativos que agora os seus fillos non van o fútbol sala porque o SUPERTI non é capaz de sufragar eses gastos e resulta que o concello non da un euro, e digo esto que fai co SUPERTI, pero si o fixera con calquera dos outros equipos ou asociacions deportivas que non duden que vou decilo e defendelo de igual xeito, e vou sabelo, porque son socio de algún deles e a diferencia do concelleiro de deportes acudo a ver os seus partidos ou eventos e me intereso por eles, recordolles que na precampaña electoral xogándonos o ascenso e co pabellón a rebentar estaban todos, foi ganaren e ni diós aparecer por alí, supoño que sería por vergonza a encontrarse con aquelo cheo de merda ou a non ver o ESCUDO DO CONCELLO nas nosas camisetas, todo o que escribo aquí poden confirmalo tanto directiva do SUPERTI, compañeiros do equipo, e usuarios habituais destas instalacions, para min o deporte é algo fundamental hoxe en día,en concellos coma o noso cada vez e máis difícil encontrar xente para formar equipos de fútbol, fútbol sala, atletismo, baloncesto…..e inculcarlles os cativos algo de cultura deportiva, paréceme vergonzoso realmente esto que pasou, e deixo claro que si eu non fora concelleiro esto ía decílo de igual forma, E UNHA VERGONZA!!!!!!!!!!



Animo e apoio a directiva tanto do SUPERTI,FS como dos outros clubes e asociacions a seguir adiante e traballaren, xa que inda que algunhos non teñámos o apoio do concello temos o que é máis importante, o apoio dos aficionados e veciños!!!!

VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.