sábado, 23 de mayo de 2009

MANOLO PIÑEIRO Membro da organización da Feira de Artesanía e Antigüedades da Pontenova


A III Feira de Artesanía e Antigüedades da Pontenova en agosto, organizada entre o Superti e a Asociación de Artesáns pende dun fío pola financiación. Piñeiro (A Pontenova, 1970), da organización, mantén a «esperanza» de que se celebre.

Entrevista Da Voz De Galicia



-Ata agora foi unha feira exitosa.

-No primeiro ano tivemos 27 expositores e visitantes uns 4.000. Na segunda os expositores aumentaron a 50 e os visitantes tamén. A idea deste ano era aumentar presuposto, darlle un impulso máis na promoción(...) Este ano base para facela hai... só falta outra cousa básica. Nin aos expositores nin ao público lles cobramos nada, a financiación se basea en axudas públicas (tivemos de Industria, Deputación e Concello). Os patrocinadores tamén botan unha man pero é non queremos que o evento recaia en empresas privadas (nos anunciaron que ían a recortar). Intentamos contactar coa Deputación e con Antonio Veiga, non o conseguimos e delegou noutra persoa(...) Lles presentamos todo e o luns nos chamaron dicindo que non nos ían apoiar económicamente. O presuposto se aproxima aos 35.000 euros(...), non é desmesurado.

-¿Que pensan facer entón?

-A nosa idea é falar con consellerías da Xunta, pero aínda non hai a quen dirixirse, e co Concello, pero a súa parte (a municipal) so non sería suficiente. Non lle vexo bo color ao tema porque a estas alturas o ano pasado tiñamos a financiación. A Deputación retirou os cartos sen dar explicacións.
VOLVER
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.