domingo, 26 de abril de 2009

Gracias Aficcion!! Milagrosa 2 - 1 Sporting‏


En primeiro lugar, quero dar as gracias a toda a aficción que se desplazou a Lugo, porque si o día de Foz que se xogaba a Liga fora numerosa, a que se desplazou desta vez foi impresionante, triplicouse o numero de asistentes a Foz e doblouse con creces a aficción local, gracias unha vez máis a toda esa xente, que gastou a súa tarde e o seu tempo libre da fin de semana vindo animar o Sporting Xuvenil e que tanto axudou no partido de onte, porque sen eles, sería moi dificil conseguir un resultado tan positivo xa que nin un só momento deixaron de alentar o equipo, o que fixo que cada xogador fixera un esforzo case sobrehumano por cada balon, por cada salto, por cada xogada, etc.En nome de todo o equipo, moitas grazas a todo e todos nos sentimos tremendamente orgullosos de pertencer a este pobo e a este equipo.
O sábado 2 de Maio, as 18:00 será a volta na Mina, na que esperamos que se repita o gran ambiente que se viviu en Lugo, desta vez superado por xogar na Pontenova pero que non falle ninguén, que todos xuntos pasaremos a seguinte ronda da fase de ascenso a Liga Galega.
JORGE MOIRON


Resumen



Metendonos no partido, comezou moi ben para o equipo visitante, a Milagrosa tiña a posesión do balón pero non era quen de incomodar o marco defendido por Xoel, que tivo unha actuación sobresaínte.No minuto 20 da 1ª parte, boa xogada do Sporting que culmina Matelo con un gran gol que nos adiantaría no marcador 0-1 co cal se chegaría ó descanso, pese a que houbo algunha oportunidade de aumentar a renta, algunha decisión polémina do árbitro impediuno. Xa na 2ª parte máis do mesmo, o Sporting continuou moi centrado no seu xogo, pero a Milagrosa ós dez minutos conseguía o empate a un e cinco minutos máis tarde facía o segundo gol co que remontaba o partido.O Sporting, consciente de que quedaba o partido de volta, non baixou os brazos e continuo co seu esforzo, e aquí comezou o show do árbitro, coa expulsión de Murias, cun fora de xogo totalmente inesististente señalado a Jorge cando se quedaba só ante o porteiro visitante, o desconto de 6 minutos de xogo cando apenas se parou o partido,e moitas máis decisións erróneas que tomou ó largo do partido, o que fixo que o delgado visitante tivera que avisar a Policia para que o sacara do campo por orde expresa do propio colexiado, consciente do ridículo que armara e da presión da afección do Sporting.Este resultado e moi positivo, todo o mundo o firmaría antes de comezar o partido, pero deixa un mal sabor de boca por como sucedeu o partido e por ir gañando máis da metade do mesmo, pero debemos ser conscientes de que se a eliminatoria estaba o 50%, ahora pese a derrota tal vez a balance se inclinou un pouco do lado do Sporting, que lle chega unha victoria pola mínima na Mina para pasar a seguinte ronda

VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.