jueves, 8 de enero de 2009

BALSEIRO RECLAMA MÁS IMPLICACIÓN DE LA XUNTA EN ÁREAS INDUSTRIALES


O deputado popular explicou o acontecido cos polígonos industriais de Viveiro e A Pontenova segundo o programa de investimentos incluído nas contas autonómicas para 2009. No caso da área industrial sita na cidade do Landro, o investimento do Goberno galego viuse reducido en máis dun 45% xa que de 4.062.436 euros que prevían investirse no 2008 pasouse a tan só 2.225.978 euros no presente ano. Situación similar acontece no caso do polígono de A Pontenova xa que o investimento programado redúcese en máis dun 41%, preto de 600.000 euros menos ca no 2008. Segundo as contas oficiais pasaríase consignar 1.464.000 euros no ano pasado a tan só 866.784 euros durante o 2009.

Sigue leyendo...



El diputado autonómico del PPdeG José Manuel Balseiro Orol aprovechó la visita del Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, para reclamar una mayor implicación del Ejecutivo gallego en el fomento de las áreas industriales de nuestra nosa comarca.
A xuízo do parlamentario popular o conselleiro nacionalista así como o resto dos seus compañeiros de Executivo “vense na obriga de desprazarse ata a Mariña para inaugurar una torre de comunicacións porque é o único que teñen feito ao longo desta lexislatura” Balseiro Orol explica que a xestión do Executivo se ven caracterizando polo atraso e paralización no desenvolvemento das grandes áreas industriais sitas na Mariña, como son o caso dos polígonos de Viveiro (Landrove), o sito nos concellos de Alfoz e O Valadouro ou o da Pontenova.

“Sen monospreciar a importancia de que Innovación e Industria potencie a mellora nos sistemas de telecomunicación e acceso a rede Internet con tecnoloxías de alta velocidade, unha das grandes deficiencias dos nosos polígonos industriais, non podemos admitir e deixar de subliñar o esquecemento que ten caracterizado ao Goberno galego en materia de creación de novo solo industrial”.


MÁIS DE 5 MILLÓNS DE EUROS SEN EXECUTAR

De feito, para exemplificar esta situación Balseiro Orol explicou que a empresa pública Xestur Lugo, entidade dependente da Consellería de Vivenda e Solo encargada do desenvolvemento das áreas industriais na nosa provincia, non executou máis de 5 millóns de euros destinados a este obxecto durante o pasado ano 2008, polo que, “sen ningún tipo de xustificación, todos estes cartos que non chegaron ata A Mariña e non contribuíron á implantación de novas empresas e á creación de novos postos de traballo”


2009: REDUCIÓN NO INVESTIMENTO

Nesta mesma liña, o deputado popular explicou o acontecido cos polígonos industriais de Viveiro e A Pontenova segundo o programa de investimentos incluído nas contas autonómicas para 2009. No caso da área industrial sita na cidade do Landro, o investimento do Goberno galego viuse reducido en máis dun 45% xa que de 4.062.436 euros que prevían investirse no 2008 pasouse a tan só 2.225.978 euros no presente ano. Situación similar acontece no caso do polígono de A Pontenova xa que o investimento programado redúcese en máis dun 41%, preto de 600.000 euros menos ca no 2008. Segundo as contas oficiais pasaríase consignar 1.464.000 euros no ano pasado a tan só 866.784 euros durante o 2009.


APOSTA ESTRATÉXICA

Finalmente o deputado popular criticou o feito de que na aposta estratéxica de PSOE e BNG para A Mariña lucense non se atope o fomento do cinto industrial no contorno de ALCOA. “Ninguén pode entender -explicou Balseiro Orol- que a posición do actual Goberno galego estea moi lonxe de potenciar esta infraestrutura. De feito o propio Consello da Xunta deixou sen efecto, o pasado mes de agosto, o plan sectorial que no Goberno do PPdeG contemplaba esta polígono. Todo iso sen ofrecer ningún tipo de alternativa ou proxecto alternativo”.

“Non podemos conformamos con que, en materia de fomento da industria, na aposta pola innovación e pola disposición de solo industrial axeitado para achegar novas empresas, a política da actual Xunta sexa tanto como non facer nada”- concluíu o parlamentario mariñán- Pero precisamente nada é a política que están a desenvolver as consellerías do BNG nesta área co apoio incondicional dos socialistas, que contribúen a este inaceptable esquecemento”

Incluir este articulo en su web
Añadir esta noticia a Favoritos
VOLVER
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.