sábado, 20 de diciembre de 2008

Xunta e Goberno destinan 500.000 euros á reserva Eo-Oscos-Terras de Burón


Esta figura da Unesco inclúe os
concellos galegos de Ribadeo, Trabada,
A Pontenova, Ribeira de Piquín,
Baleira, A Fonsagrada e Negueira
de Muñiz, e os asturianos
de Castropol, Vegadeo, San Tirso
de Abres, Taramundi, Villanueva
de Oscos, Santa Eulalia de Oscos e
San Martín de Oscos.

Sigue leyendo...



A Consellería e o Ministerio
de Medio Ambiente destinarán
conxuntamente 500.000
euros a actuacións de promoción,
sinalización e programación de
actuacións futuras para a reserva
da biosfera Eo-Oscos-Terras de
Burón.
O Consello da Xunta autorizou
onte á Consellería de Medio
Ambiente a asinar o convenio co
ministerio, en virtude do cal o
departamento autonómico aportará
150.000 euros e o estatal,
350.000.
Estes fondos servirán para poñer
en marcha accións encamiñadas
a compatibilizar a conservación
do patrimonio natural e o
desenvolvemento socioeconómico
da zona incluída na citada reserva
da biosfera.
Esta figura da Unesco inclúe os
concellos galegos de Ribadeo, Trabada,
A Pontenova, Ribeira de Piquín,
Baleira, A Fonsagrada e Negueira
de Muñiz, e os asturianos
de Castropol, Vegadeo, San Tirso
de Abres, Taramundi, Villanueva
de Oscos, Santa Eulalia de Oscos e
San Martín de Oscos.
En total, son 158.883 hectáreas
nas que residen 32.974 persoas,
un territorio vertebrado polo río
Eo que presenta unha variedade
paisaxística e natural que o fixo
merecente da distinción da Unesco
en setembro de 2007.
PROXECTOS . Unha parte importante
dos fondos irá destinada á
elaboración e execución dun programa
de promoción da reserva
da biosfera, que incluirá o deseño
dun logotipo e campañas de publicidade.
O convenio tamén contempla
a sinalización do terreo,
así como o deseño de proxectos
para a zona, que poderán optar a
axudas dos fondos europeos Life
e Interreg.
O convenio entre o Ministerio
de Medio Ambiente e a consellería
permitirá tamén dar soporte a
iniciativas de promoción e actuacións
de carácter local que poidan
desenvolver os concellos incluídos
na zona Eo-Oscos-Burón.VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.