martes, 25 de noviembre de 2008

¿¿PEDIATRAS??--SERGAS


Hai unhas semanas puxen moitas queixas dirixidas o Sergas a traves de diversos medios.
As miñas preguntas eran:¿PORQUE NON TEMOS PEDIATRA NA PONTENOVA?¿PORQUE LEVAMOS VARIAS SEMANAS SEN PEDIATRA E NON SE SUSTITUE A SUA BAIXA? ¿A DONDE TEMOS QUE LEVAR OS NOSOS FILLOS PARA QUE SEAN ATENDIDOS? ETC....
Pois despois de moito tempo aclararonseme as dudas totalmente, pois o Sergas dignouse a contestar:
Bo día sr.|sra. JAVIER ACEBRAS, as ausencias dos pediatras, ainda que é interés de esta Xerencia sustituilos en todos os caso, debido a dificultade de atopar estes profesionais nas llistas de emprego, non é posoble sustituilos na súa totalidade. No caso de Meira e unha vez concluido o concurso de traslados de este presente ano, púdose cubrir a praza con unha nova profesional, a cal está a pasar consulta nos mismos centros que tiña estipulada.
En caso de ausencia prolongada da pediatra de Meira, e según teñen coñecemento no propio centro de saúde, os nenos son atendidos polo especialiesta en medicina de familia que ten asignado o titular da cartilla, agás nas revisión de menos de seis meses que terán que ser remitidas ó SAP de Vilalaba.

De risa, esto é un cachondeo. Semellante a lei de dependencia, mais da metade das persoas que lles foi concedida xa estan no cimenterio e xamais chegaron a beneficiarse dela. Igual que moita outra xente a que lle dan cita para dentro de mais de un ano, cando lle toca, xa esta nos adosados do poligono.
A Seguridade Social neste pais da noxo. Pagamos e pagamos toda a vida para nada, e senon que lle pregunten a unha veciña de A Pontenova que non hai moitos dias enviou unha carta o progreso e foi publicada na sección cartas o director.
--------JAVIER ACEBRAS-------------
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.