lunes, 27 de octubre de 2008

Sporting Pontenova Xuvenil: Sporting 1-1 Sagrado Corazón‏


Impresionante partido entre os dous primeiros clasificados da liga provincial.Foi un partido cheo de tensión,garra e ocasións.A primeira parte foi moi igualada,con dous ocasions moi claras para os locais,e outras duas para os visitantes pero chegouse o descanso con empate a 0-0.Na segunda parte,o Sporting saliu moi enchufado,e nos primeiros dez minutos creou multitude de ocasións,e nunha delas chegou o gol de Murias de falta que daba ventaxa os locais,que souperon controlar ben durante toda a segunda metade.Pero foi no minuto 43,cando nun córner sacado polos visitantes chegou o difinitivo empate a 1-1,que quizais fai xustiza o demostrado no campo, ante dous grandes equipos que probablemente pelexen pola liga,e que contan todolos seus partidos por victorias agás este empate.Destacar o tremendo partidazo de Xoel, que se consolida como un dos mellores porteiros da liga,e o segundo menos batido ata o de agora.O final do partido,tángana típica dos partidos contra a xente de lugo que todavía non aprendeu a perder despois de moitos anos de xogo.Pa proxima xornada desplazamonos a Meira donde tamén se preve un partido duro e correoso.
Dar as gracias a aficción,que unha vez mais non nos fallou nun partido importante e houbo un ambientazo na Mina,que deu moito apoio o equipo.Gracias.
--------JORGE MOIRON SPORTING PONTENOVA-------
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.