viernes, 10 de octubre de 2008

A Pontenova disfruta dende hoxe de catro días de festa e diversos actos lúdicos


Hoxe, venres, terá lugar a primeira verbena con Capitol e Assia, mentras que mañá, sábado, día 11, a Chousa de Villaodriz acolle ás 18.00 a exhibición moteira de Paulo Martinho. De noite soben ao palco das festas Compostela e Tango. O domingo, a charanga NBA se encargará de animar a sesión vermú e as rúas durante o día, mentres que ás 18.00 horas, de novo na Chousa de Villaodriz haberá outra exhibición, esta vez de adestramento canino con cans que saltan aros de lume e saúdan á bandeira. A Queima dos Fornos, un espectáculo pirotécnico de son e cor, terá lugar coma sempre ás doce da madrugada e agárdase que un ano máis deixe bo sabor de boca.
O luns continuarán as festas nunha xornada que é festivo local. Ás 13.00 haberá misa e procesión ata a igrexa dende a praza dos Fornos. Na verbena tocará Trébol.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.