viernes, 10 de octubre de 2008

Entrevista: JESÚS CABODEVILA FERNÁNDEZ PRESIDENTE DA COMISIÓN ORGANIZADORA DAS FESTAS PATRONAIS DE A PONTENOVA


«Como o San Froilán está cara ao outro lado e é máis difícil arrastrar á xente da Terra Chá, temos que buscala tamén en Asturias. A xente da Mariña resposta ben a estas festas, é festexeira», di.

VER ENTREVISTA



-¿A canto ascende o presuposto deste ano?

-50.000 euros. O Concello aportounos unha cantidade importante para facer a Queima que pasa dos 6.000 euros. Tamén recadamos nos negocios, pedimos casa por casa e facemos rifas para vender (sorteamos tres mil euros co cupón da Once do día 14 de outubro). Así, pouco a pouco vamos xuntando. O ano pasado era un presuposto moi parecido, custounos chegar pero ao final grazas á man que botou o Concello.

-A Pontenova ben merece unhas festas coma estas...

-Si... Este ano estou asombrado da xente que quere poñer inchables, atraccións de feira, postos de bocadillos... Non sei por que. Claro, o ano pasado houbera moi boas festas, houbera ponte, acabara o San Froilán, pero non chamara nin a metade.

-¿Quenes completan a comisión de festas?

-Pablo Rego Santamarina, José Luis Bermúdez Martínez e Esperanza Abuide Táboas. Os tres menos Esperanza levábamos xa dous anos levándoas. José Luis é o veterano, xa leva 15 anos ou máis, aínda que parara algúns anos. Para andar pedindo válenos de moito esa experiencia.

-¿Que destacaría do programa das festas locais?

-O sábado a exhibición de Paulo Martinho porque atrae moita xente (o ano pasado era impresionante a cantidade que había e por iso repetimos) e a Queima, que tamén cada ano é distinta. É espectacular. Pirotecnia Reiriz, que tivo varios premios, é o que fai a pirotecnia.

-¿E as orquestras?

-Nos demandaban a Paris de Noia e Panorama pero non puido ser. Veñen Os Satélites, Compostela, Tango, Capitol, Trébol... Non quixemos traer ningunha de segunda, son todas de primeira fila.
VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.