sábado, 18 de octubre de 2008

O Superti faise notar na Primeira Nacional B


O conxunto pontenovense está respondendo aínda mellor do que agardaban os máis optimistas. É cuarto na táboa clasificatoria despois da súa clara victoria sobre o Gondomar (4-0) no enfrontamento correspondente á quinta xornada, e xáctase de ser a escadra menos goleada do grupo con 11 tantos. Marcoulle dous ao Fene Angisu (3-2), cinco ao Bueu (5-2), tres ao Fisterra (5-3), un ao Arzúa (1-7), e mantivo a portería a cero no pasado encontro. «De momento están saíndo moi ben as cousas, pero hai que ser prudentes e non caer na euforia», advertiu o seu mandatario, José Manuel Piñeiro. O Superti tentará de manter a súa boa racha no partido que xogará esta fin de semana na cancha do Bueu, octavo na clasificación con seis puntos menos que os mariñáns.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.