martes, 7 de octubre de 2008

EMOTIVA E CALUROSA HOMENAXE A MANUEL VALCÁRCEL LASTRA “VENTURA” O PASADO SÁBADO 4 DE OUTUBRO, CON PRETO DE 180 ASISTENTES.


180 persoas asistiron á cea-homenaxe a “Ventura”, entre os cales se
atopaban, o atleta olímpico galego “Santi Pérez”, o atleta
paralímpico de A Pontenova “Tito Margaride”, o Presidente da
Federación Galega de Atletismo “Isidoro Hornillos”, o Presidente
da Federación Galega de Triatlón “Paco Villanueva” o Delegado en
Lugo da Federación Galega de Atletismo “José Luís Perejón”, o exdelegado
“Palelas”, o Xerente da Fundación Deporte Galego “Javier
Rico”, o Alcalde de A Pontenova “Dario Campos”, representantes
de clubs galegos e asturianos, representantes de diferentes
asociacións de A Pontenova, atletas, ex-atletas, veciños e veciñas de
A Pontenova, amigos e amigas de Ventura así como familiares do
homenaxeado.
Ao final da cea-homenaxe “Ventura” Foi agasallado por diferentes
clubs, asociacións, deportistas, veciños/as e institucións.
Previo á cita, na XV edición da Carreira Tito Margaride, preto de 200
atletas homenaxearon tamén a Ventura.

Sigue leyendo...



A Pontenova, 5 de outubro de 2008.-
O pasado sábado 4 de outubro Manuel Valcárcel Lastra “VENTURA” recibiu unha
merecida e calurosa homenaxe dos seus familiares, veciños/as de A Pontenova, amigos/as,
atletas e ex_atletas así como por diferentes institucións no Local das Asociacións de A
Pontenova.
Foron 180 as persoas que non quixeron perderse esta cita, o cal mostra a grande
admiración e cariño que esta personaxe esperta no mundo do deporte e doutros ámbitos.
Nas últimas décadas destacou polo traballo desenvolvido principalmente no ámbito do
atletismo, conseguindo grandes resultados deportivos algúns dos seus Atletas (Laura
Campos, Erea Rodríguez, Catalín Dragomir ou Maikel entre outros). Pero, sobre todo
“Ventura” destaca pola súa calidade humana, a cal transmite a toda persoa que traballa,
adestra ou convive con el. Daí a grande resposta que tivo esta convocatoria.
A maiores destes 180 asistentes, recibiu moitas chamadas de amigos, atletas e familiares que
non puideron asistir por motivos de axenda pero que si estaban presentes no corazón de
Ventura.
Dous momentos do acto emocionaron especialmente a “Ventura”. O primeiro cando Tito
Margaride lle entregou unha das súas camisetas da Selección Española de Atletismo e unha
fotografía de Tito e Ventura correndo xuntos nunha carreira. O segundo momento e
quizais o máis emotivo foi cando os seus fillos “Breo e Cris” lle entregaron unha placa
conmemorativa en nome de todas e todos os asistentes.
Entre as entidades e personalidades que agasallaron a Ventura estiveron: Centro de
Iniciativas Turísticas de A Pontenova, Club de Xogos e Deportes Populares e Tradicionais
de Santalla, Sociedade Deportiva Albións, compañeiros de adestramento de Ventura,
Colexio Martínez Otero de Foz, Escolas Deportivas Municipais de Lourenzá, Club Recta
Final de Luarca, Delegación Lucense da Federación Galega de Atletismo, Federación
Galega de Atletismo, Federación Galega de Triatlón, Dirección Xeral para o Deporte da
Xunta de Galicia, Concello de A Pontenova, Santi Pérez e Tito Margaride.
Previo á cea, na XV edición da Carreira Tito Margaride, que contou coa participación de
preto de 200 atletas, varios clubs que non podían quedarse á cea agasallaron a Ventura
cunha camiseta do club, entre eles o San Francisco Lucus Caixa Rural, o Club Atletismo
Ribadeo e a Fundación Azkar Lugo.
Mención especial na organización deste evento merecen Carlos Bermúdez (Presidente da
ACIA de A Pontenova e do Club de Xogos e Deportes Populares de Santalla), Cándida
Acebo (Directiva da Sociedade Deportiva Albións) e Carlos Gavino (recoñecido fotógrafo
de A Pontenova), así como amigos, veciños e familiares que puxeron toda a ilusión e
traballo para que a cita fora difícil de esquecer.
Sen dúbida unha merecida homenaxe para unha gran persoa e un gran adestrador,
imprescindible para o desenvolvemento do deporte galego en xeral e do atletismo en
particular.

VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.