martes, 9 de septiembre de 2008

Marisol Fernández Secretaria da Fundación Prescolar da Casa


Marisol Fernández (Riegal, Rececende, A Pontenova, 1948) foi unha das mestras que participou onte nunha charla organizada pola Fundación de Preescolar na Casa en Albeiros.

Ver entrevista...



-¿Cales foron os temas que se trataron ao longo da reunión?

-Máis ca unha reunión de mestres foi un espazo para a reflexión. O que se pretendía era sacar á luz pública aqueles aspectos nos que tanto os pais coma os mestres debemos incidir con maior ímpeto para favorecer o desenvolvemento dos máis pequenos.

-¿Cal é a finalidade das aulas de Preescolar na Casa?

-Ese é o problema. A día de hoxe, segue habendo persoas que pensan que Preescolar na Casa é exclusivamente para os nenos cando, en realidade é un apoio á familia. É certo que nos seus comezos, se adicaba a maior parte do tempo a realizar pequenas actividades cos cativos pero agora iso mudou. O outro problema xorde cando esas mesmas persoas asocian as aulas co mundo rural e se negan a trasladalas á cidade. Por sorte, cada vez son menos os que pensan deste xeito.

-Entón, os seus esforzos céntranse en «axudar» aos pais na educación dous seus fillos...

-Tentamos axudar aos pais a crear aptitudes positivas para a aprendizaxe dos nenos. Que entendan que ao limitar a súa espontaneidade, están coartando a súa creatividade e a súa iniciativa persoal. Os nenos precisan dun ambiente que os atenta e os entenda.
VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.