sábado, 2 de agosto de 2008

MARABILLAS DIVERSAS E PARA TODOS OS GUSTOS.


A segunda edición da feira de artesanía da Pontenova contará cuns 51 expositores. Estarán presentes artesáns chegados de enclaves como Madrid, León ou O Bierzo. O evento conta coa colaboracion do concello, da deputación, e da conselleria de imnovación.

Sigue leyendo...



Coa satisfacción dunha
primeira edición que deixou
un agradable sabor de boca,
na Pontenova inaugúrase
hoxe a II Feira de Artesanía,
Mobles e Antigüidades, que
contará cunha cifra aproximada
de 51 expositores.
Dúas carpas, unha central
situada a carón dos fornos e
outra máis pequena ubicada
moi preto serán os enclaves
destinados para os fabricantes
de mobles e antigüidades,
mentres que algunhas
das dependencias da Casa da
Troita e do Salmón estarán
ocupadas polos artesáns.
O orzamento para a presente
edición da cita, que
organizan Manolo Piñeiro
Rodríguez, José Lombardero
Pérez e José Lombardero
González, oscila entre os
30.000 e os 35.000 euros.
O evento conta coa colaboración
da Vicepresidencia
Primeira da Deputación, a
través da área de Cultura e
Deportes; da Dirección Xeral
de Turismo de Consellería
da Innovación e Industria;
do Concello e da empresa
Agroamb, adicada á xestión
de residuos. Unhas colaboracións
sen as que “este evento
sería inviable”, segundo asegura
Manolo Piñeiro.
Ademais, como unha
cuestión de “necesidade
e de innovación ó mesmo
tempo”, di este organizador,
poranse á venda unhas
pequenas réplicas en madeira
dos fornos, para tratar de
recadar algúns fondos.
Por outra banda, outro
dos atractivos da feira será
o de poder disfrutar do traballo
en directo dalgúns dos
artesáns, xa que dende hoxe
e ata o domingo un cesteiro
e un traballador do vidro
amosarán permanentemente
o seu labor. Deste xeito
o expón José Lombardero
Pérez, que sinala que no
evento se poderá ver “algo de
todo: moble e artigos realizados
en diferentes materiais”.
Alicientes
Outro dos alicientes, sinala
este organizador, será o de
poder contar cunha mostra
de traballos cuxos autores
proceden das máis diversas
partes do territorio nacional,
como Castellón, Madrid ou
O Bierzo, entre outras. Ó fío
disto, Manolo Piñeiro destaca
amais o cambio acontecido
dende a anterior edición.
“O ano pasado, tivemos que
poñernos nós en contacto
con diferentes artesáns e
convencelos para que asistiran,
mentres que nesta ocasión,
xa amosaron o seu interese
por acudir á Pontenova”
en datas anteriores ó comezo
da feira. Amais, este organizador
sinala o atractivo de
contar cunha variedade bastante
ampla de postos.
En 2007, case catro mil
persoas visitaron a feira. A
organización espera que este
ano a cifra de asistentes sexa
superior, obxectivo ó que
axudará que o clima sexa
benévolo e a celebración,
pasado mañá, da romaría de
San Pedro Fiz, un evento de
grande tradición.
Os stands permanecerán
abertos dende hoxe e ata o
domingo de dez da mañá a
dúas do mediodía e de catro
da tarde a nove e media da
noite. Non obstante, este
será un horario aproximado,
que poderá sufrir modificacións
en función do número
de persoas que decidan achegarse
á feira.
VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.