sábado, 12 de julio de 2008

A Deputación cede a xestión da roza de estradas provinciais a 21 concellos.


A institución provincial correrá cos gastos e os gobernos locais realizarán o traballo. Os concellos que asinaron o convenio de traspaso das actividades
de desbroce son Becerreá, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Chantada, Foz, Láncara, Monforte de Lemos, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ourol,
O Páramo, Pedrafita do Cebreiro, A Pontenova, A Pobra do Brollón, Pol, Quiroga, Riotorto, Samos e Sarria.

Ver noticia completa...



A Deputación cede a xestión da roza
de estradas provinciais a 21 concellos

A institución provincial correrá cos gastos e
os gobernos locais realizarán o traballo
A Deputación de Lugo
aposta, por primeira vez, por descentralizar
os labores de roza nas
estradas de carácter provincial. O
presidente da Deputación, Xosé
Ramón Gómez Besteiro, asinou
onte un convenio cos alcaldes de
vinteún concellos no que se lles
cede a xestión desta actividade,
cuxo custo asumirá a institución
provincial.
Este convenio afecta a 1.348
quilómetros do total de 4.000
que conforman a rede de estradas
provincial. Co fin de conseguir o
saneamento das mesmas, a Deputación
aportará uns orzamentos
de 246 000 euros. Unha vez entre
en vigor o convenio, os concellos
deben proceder a executar os traballos
de desbroce nas vías, para
o que teñen un prazo máximo de
dous meses.
O traballo a realizar está baseado
na roza mecánica ou manual
da maleza por ambas marxes das
estradas, que afectan a paseos,
cunetas e noiros completos, incluíndo
tamén a poda de árbores
ata obter un espazo libre de cinco
metros en todo o ancho da estrada.
Nos casos nos que a maleza se
manteña ou nos que a primeira
man non sexa suficiente, levarase
a cabo unha segunda actuación de
repaso. Os restos que se deriven da
roza serán retirados ao vertedoiro
autorizado.
A Deputación, pola súa banda
comprométese a identificar as vías
de titularidade provincial ademais
de encargarse do financiamento
atendendo tanto aos gastos de
contratación como de maquinarias.
Tamén poderá levar a cabo
revisións dos traballos.
Besteiro asegura que este acordo
é o resultado dunha relación
fructífera entre a Deputación e
os concellos. Besteiro referiuse á
confusión que os veciños teñen en
moitos casos sobre a titularidade
das estradas e a responsabilidade
do estado de cada unha. Indicou
que o importante é que «as cousas
se fagan ben».
tania f. lombao
LUGO. A Federación de Asociacións
de Mulleres Rurais (Fademur)
escolleu Lugo para presentar
o libro `Historias de vida en el medio
rural´por ser o territorio galego
máis ligado ao campo. A presentación,
que se celebrará mañá
no pazo de San Marcos, contará
coa intervención do presidente
da Xunta, Emilio Pérez Touriño.
Outras autoridades destacadas
no acto serán a presidenta estatal
da federación, Teresa López, e o
secretario xeral de Unións Agrarias,
Roberto García, así como o
alcalde de Lugo e o presidente da
Deputación.
Lara Méndez, vicepresidenta
segunda da Deputación, e Rosa
Arcos, presidenta de Fademur
Galicia, avanzaron detalles do
acto de presentación e esbozaron
o contido do libro, que relata a experiencia
de trinta mulleres españolas
no medio rural. Entre elas,
destacaron o testemuño de tres
galegas, Begoña Liñares , Esther
Calviño e Mercedes Méndez, que
pertencen a tres xeracións distintas.
A primeira delas sufriu dúas
crises sanitarias ligadas ao gando;
a segunda leva toda a vida traballando
no rural e a terceira criouse
na cidade e acabou no rural formando
parte dunha cooperativa.
O obxectivo é facer unha homenaxe
a todas as mulleres do rural
e intentar pór fin aos estereotipos
que as califican como persoas
iguais que perseguen as mesmas
metas. Fademur pretende mostrar
unha visión plural e diversa
do campo a partir das mulleres.
Touriño presentará en
Lugo un libro sobre a vida
das mulleres rurais.
O novo sistema
está aberto a outros
municipios
Os concellos que asinaron o convenio
de traspaso das actividades
de desbroce son Becerreá, Begonte,
Castro de Rei, Castroverde,
Chantada, Foz, Láncara, Monforte
de Lemos, Monterroso, Navia de
Suarna, Negueira de Muñiz, Ourol,
O Páramo, Pedrafita do Cebreiro,
A Pontenova, A Pobra do Brollón,
Pol, Quiroga, Riotorto, Samos e
Sarria. O presidente da Deputación
asegurou que «neste caso son 21
municipios, pero desexamos que
no futuro sexan máis». Besteiro
confía en que se o convenio ten bos
resultados o resto de concellos se
animen a participar, favorecendo,
por outra parte, «que o servizo sexa
máis eficaz». Neses 46 concellos
que, polo momento, preferiron
quedar á marxe, será o organismo
provincial o que contrate directamente
os traballos, como se viña
facendo ata agora. Aínda que este
ano mellorarase o sistema, xa que
se contratará a varias empresas que
permitirán axilizar o desbroce.

VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.