domingo, 15 de junio de 2008

QUINTELA FOI GALARDOADO POR FACERLLE UN CLIC AO GALEGO DENDE TOMALLEOUTRA.COM. NORABOA


A campaña Faille un clic ao galego rexistra máis de 13.000 descargas de interfaces.
Rubén Vilar, Óscar Fernández, Julio Lema, Julio Ares, Jesús Pérez e Fátima Solloso conseguiron fomentar o maior número de descargas gratuítas das interfaces de Windows Vista e Microsoft Office 2007 en galego -desde a páxina web www.microsoft.es/gal-, e resultaron gañadores de «Faille un clic ao galego».


Sigue leyendo...



Esta campaña estivo impulsando a difusión e o uso da lingua galega no eido das novas tecnoloxías. A iniciativa foi promovida por Microsoft Ibérica, xunto á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento e INEO, e contou co apoio de Dell, Inves e HP. Durante o tempo no que estivo activa, realizáronse máis de 11.000 descargas destas interfaces, e a día de hoxe xa son máis de 13.000 as rexistradas.
A entrega de premios celebrouse onte en Santiago de Compostela. Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística; Jesús Álvarez, director de Sector Público da Delegación de Galicia de Investrónica; Javier Díaz García, account manager de Dell Computer, Jorge Cebreiros, presidente de INEO, e Montserrat Pardo, xerente de Relacións Institucionais de Microsoft Ibérica, fixéronlles entrega aos premiados de distintos produtos relacionados coas novas tecnoloxías, desde ordenadores de última xeración a programas Windows Vista completos. Política Lingüística felicitou aos premiados e aos colaboradores.VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.