sábado, 3 de mayo de 2008

Mariñanos en su rincón Luz Moreda Álvarez


Luz Moreda forma parte do reducido grupo de empresarias mariñanas que fundaron negocios familiares nos anos 60.
«De nova era modista e adicábame a cubrir as caixas para tres funerarias».

Sigue leyendo...



A dificultade para conciliar a vida familiar e a profesional non é unha modernidade. Empresarias coma Luz Moreda Álvarez, que a comezos dos anos 60 fundou montou un negocio familiar que hoxe sigue en mans dos herdeiros, son as precursoras nos axustes de horarios, para o coidado dos fillos e no día a día do negocio. Aínda que a xubilación permite respiros, Luz segue en contacto cos clientes que se achegan á empresa de materiais de construción, ubicada na Pontenova, o concello no que está asentada esta veciña natural de Riotorto e que emigrou a Venezuela durante un lustro.

Satisfaccións

«Sempre fun moi escrava do negocio, pero tamén tivemos moitas satisfaccións», recoñece Luz, que fundou a empresa no ano 1961 co seu marido Venancio López. Entre material de obra discurriu boa parte da súa vida; ela atendendo o mostrador e o seu marido facendo o reparto nun camión.

A outra, que ela considera moi importante, foi a súa experiencia na funeraria familiar. «Sempre foi un negocio que me gustou, desde o principio. Xa sendo moi nova, era modista e dedicábame a cubrir as caixas para tres funerarias da zona», asegura a empresaria, quen insiste que se trata dun traballo que esixe moita dedicación, e para o que ela nunca tivo reparo.

«O negocio cambiou moito co paso dos anos. Antes levaban o cadáver ao ombro, desde a casa á igrexa e nalgúns casos tiñan que andar dous o dous quilómetros e medio, polo que se tiñan que ir turnando». A diferenza de hoxe, moitas desas aldeas estaban poboadas de xente nova, unha situación que, coma os enterros, tamén mudou de forma notable: «Antes había máis curas, cantos máis, máis prestixio lle daba ao funeral».

A Pontenova, Trabada, Vilaformán..... son lugares que Luz Moreda coñece ben, polos que desprazou con frecuencia para prestar o servizo de funeraria, un servizo que tamén experimentou grandes cambios no apartado económico: «Nos anos 70 unha caixa para un defunto ao mellor che custaba entre 600 ou 700 pesetas, eran outro tipo de caixas, pero vamos, un menor desembolso económico para as familias».

Vista atrais

Entre os seus lugares preferidos do municipio destaca o entorno dos Fornos, hoxe un referente turístico que serve de vínculo cun pasado mineiro: «Os Fornos son o símbolo co que mellor se define o pasado mineiro da Pontenova».

Con 79 anos e veciña da localidade desde principios dos 60, Luz Moreda bota a vista atrais para lembrar aquela época próspera ligada á minaría, ao ferrocarril e á industria. «Desde hai oito ou nove anos, o concello deu moito á baixa. A xente nova marcha e só van quedando os vellos».
VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.