jueves, 8 de mayo de 2008

Bos peixes na Pontenova.


Un momento da exhibición de doma de cabalos da Festa da Troita.

A Festa da Troita amosou este ano que está incluso por riba dunha mala época de pesca no río Eo.
a festa da troita segue ano
tras ano acadando unhas cotas de
difusión realmente abraiantes.

Sigue leyendo...



a festa da troita segue ano
tras ano acadando unhas cotas de
difusión realmente abraiantes.
Este ano, a festa que organiza o
Centro de Iniciativas Turísticas da
localidades, o CIT, como o coñece
todo o mundo, moveuse nuns
parámetros de actividades algo
diferentes que en convocatorias
anteriores, pero bastante por riba
doutros anos, sen desmerecer. E é
que o organismo que preside Ángeles
Yáñez destapouse a base de
ben con actos paralelos que foron
unha verdadeira ledicia para os
centos de persoas que acudiron a
presencialos, como por exemplo
a exhibición de doma de cabalos,
que non hai máis que mirar a
imaxe da portada do artigo para decatarse a
súa espectacularidade e de como
calou entre a xente.
Estaba organizada esta exhibición
polos cabaleiros dos Gabeás
e foi realmente asombroso ver o
que esa xente é capaz de facerlle
facer a un cabalo, con perdón pola
redundancia de termos.
Outra cousa que chamou a
atención sobradamente foi a exposición
de coches antigos. De
anos atrás é ben coñecida a afección
existente entre moitísimos
veciños da Pontenova por participar
en actividades vencelladas ó
mundo do motor, e este ano non
foi unha excepción.
Á beleza innegable dos coches
que participaron reuníndose na
praza dos Fornos hai que engadir
a participación con moita ledicia
por parte do público.
No que atinxe ó concurso propiamente
dito, pouca pesca este
ano. Vese que as troitas van escaseando
cada vez máis no río,
e desde logo ese é un problema ó
que convén ir buscándolle unha
solución, aínda que está ben claro
que non vai ser cousa sinxela. Xa o
dicía Jorge García, un dos directivos
do CIT, que hai que ter coidado
con isto, porque o propio futuro da
festa pode estar en perigo, porque
se os pescadores veñen varios anos
de xeito repetido, pero seguen sen
pescar, pode chegar un momento
que cansen e decidan non voltar,
así que á xente da Consellería de
Medio Ambiente hai que contarlle
que as repoboacións masivas
con alevíns feitas pola anterior administración
en mans do Partido
Popular, non serviron de moito.
Que apliquen o conto e, sobre
todo, que se apliquen na procura
dunha solución.
Seguro que o alcalde, Darío
Campos, lles bota unha man. Por
certo, foi a súa primeira Festa da
Troita como alcalde da Pontenova
e cóntanme por aí que cumpriu
co protocolo en todo momento de
xeito excelente, xa como se fose
todo un veterano nestas lides. E
iso que aínda din por aí que non
lle gusta a política.

Un instante da medición dunha troita captado por Bruno, un gran profesional da pesca da Pontenova, que o día seguinte sacoulle seis troitas o río no tramo libre.

Un momento da exhibición de coches antigos na praza de Os Fornos, (imaxe cedida por tomalleoutra.com).





VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.