viernes, 18 de abril de 2008

«É importante ter os pés na terra; agora debemos afianzarnos e seguir traballando coa canteira».


Manolo Piñeiro (A Pontenova, 1970) pasa por ser a alma máter do Superti-A Pontenova, equipo de fútbol sala que se estreou esta tempada en Primeira Nacional B. Desde hai tres campañas ocúpase da dirección técnica do mesmo, pero antes xa fora xogador e no 1999 un dos impulsores da fundación do club. Hai dúas semanas acadaban a salvación matemática.

Sigue leyendo...





-¿Que valoración fas da primeira tempada do equipo en 1ª Nacional B?

-Para nosoutros a valoración é moi positiva, sobre todo tendo en conta todas as calamidades, en forma de lesións, que tivemos que pasar ao longo do ano. A comezos de tempada marcámonos o obxectivo de facer 40 puntos e xa temos 38, a falla de dúas xornadas e a pesar de que afrontamos moitos meses con só 6 ou 7 xogadores dispoñibles.

-¿Cal foi a clave para que acadásedes a meta marcada cando fixestes a planificación?

-O principal foi o grupo humano moi bo que conseguimos formar na segunda parte da liga, xente moi disciplinada e totalmente involucrada e identificado con este proxecto.

-¿Que foi o mellor e o peor do ano?

-O mellor, sen dúbida, a actitude destes xogadores que loitaron moitísimo por conseguir a salvación. O peor, a praga de lesións e o erro que cometemos nalgunha das fichaxes, que non acabaron de callar.

-¿Na próxima tempada o Superti dará un paso adiante e loitará por metas máis ambiciosas?

-Eu creo que, na nosa novena tempada, temos que buscar afianzarnos na categoría. A Primeira B é unha categoría bonita para un pobo como A Pontenova e o obxectivo do ascenso, nin sequera entra dentro dos nosos plans inmediatos. Teremos máis tempo para planificar a tempada -o ano pasado non souberon do seu ascenso ata finais de xullo-, pero penso que debemos buscar seguir crecendo na categoría e continuar o bo traballo feito coa canteira, onde temos equipos cadete, infantil e benxamín. É moi importante ter en todo momento os pés na terra.

«O partido foi un exemplo de
deportividade a tódolos niveis»
Superti, Manolo Piñeiro, explicó
el 0-3 en contra de su equipo «en
función da efectividade do rival»,
ya que considera que la mayor
diferencia entre los equipos estuvo
en el aprovechamiento de las
ocasiones. «No cómputo global do
encontro penso que tivemos máis
posesión e mellores ocasións, pero
o rival estivo máis atinado na finalización
», aseguró.
El dirigente pontenovés no tuvo
ningún reparo en elogiar el planteamiento
del rival, que consideró
«moi intelixente», con un gran
despliegue defensivo y salidas a la
contra. «A chave foi que fallamos
catro ocasións claras para poñernos
por diante sin que eles nos
inquedaran no primeiro tempo.
A raíz do gol en propia meta noso
apareceron os espazos e souberon
aproveitalos», dijo Piñeiro, que
añade que «o resultado está ahí,
pero penso que foi un pouco abultado
e cruel para o que se viu sobre
a cancha».
La derrota ante el Trabada FS es
la segunda en otros tantos partidos
de esta temporada, aunque Piñeiro
cree que es «algo anecdótico,
igual que o feito de que fósemos
nós os que gañamos os dous encontros
da tempada pasada».
Por último, el dirigente se refirió
al ambiente que rodeó al derbi,
señalando que «todos debemos
felicitarnos pola deportividade,
que imperou non so fóra da pista,
senón tamén entre os xogadores.
Penso que este derbi foi un exemplo
de depoortividade a tódolos
niveis», concluyó.

VOLVER
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.