lunes, 21 de abril de 2008

Demostracións abriron a feira dos ferreiros de Riotorto.


Riotorto volveu erixirse onte na capital galega dos ferreiros, na primeira xornada da segunda edición da Feira da artesanía do ferro, que a pesares da chuvia atraeu a numerosos visitantes ata este municipio.

Sigue leyendo...



Aínda que os actos de onte deron comezo cun relatorio no que Miguel Abraira, historiador e estudoso da artesanía do ferro, se referiu á historia e ás técnicas tradicionais da ferrería, a atención e o interese dos asistentes estivo centrado nas demostracións das técnicas tradicionais da ferrería, que os profesionais levaron a cabo na área recreativa do mazo de Ferreiravella. Alí o público puido coñecer de primeira man en que consisten as artes do caldeado e do enmalle. Para as dez da noite estaba previsto o concerto da orquestra folk Son de Seu.

Hoxe, aínda que será ao mediodía cando o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e o alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa, inauguren oficialmente a feira, esta xa estará aberta ao público desde as dez da mañá, con expositores tanto relacionados coa ferrería como doutro tipo de artesanía, comercio e industria. Continuarán igualmente as demostracións en vivo e tamén haberá obradoiros para os máis pequenos, así como xogos populares e teatro na rúa.
VOLVER



Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.