miércoles, 13 de septiembre de 2017

SPORTING PONTENOVA. ENTREVISTA

«Comezamos a liga incluso mellor do que pensabamos»

Dani Moirón, adestrador do Sporting Pontenova


O Sporting Pontenova está de volta na Primeira Galicia dúas décadas despois e de momento segue o camiño correcto para quedarse. Os resultados acadados nas dúas primeiras xornadas, empate no derbi ante o San Ciprián e vitoria no Páramo mantéñeno lonxe da zona de perigo e reforzan a confianza do equipo e do seu técnico, Dani Moirón (A Pontenova, 1987), un novato na categoría que cumpre a súa novena tempada no banquillo de A Mina e garda unha fe neste proxecto.

Sumar catro puntos en dúas xornadas non está nada mal para un recién ascendido.
Está moi ben, comezamos a liga incluso mellor do que pensabamos. Críamos que a adaptación nos ía custar máis, xa que o cambio é grande, pero parece que os erros que cometemos ante o San Ciprián nos serviron de lección. No Páramos estivemos moito mellor e teño que dicir que a xente que saíu do banquillo tivo moito que ver na vitoria. Os suplentes son tan importantes ou máis que os que xogan cada domingo.

¿Convéncelle a plantilla que ten? ¿Non lle parece un pouco xusta de efectivos?

Estou moi satisfeito co grupo de xogadores que teño. É certo que é un pouco curto, pero quixémolo así para que teñan oportunidades os chavales do xuvenil con máis proxección, como Álvaro ou Fran Fiallega. De feito, este último xogou os 180 minutos das dúas primeiras xornadas. A guinda ao pastel, para que fora unha plantilla de dez, sería a volta do central Héctor, que ten problemas físicos e quere estar ao 100 % para volver a xogar.

Volvendo ao partido no Páramo, o gol da vitoria chegou no minuto 94. ¿Sorte ou buscado?

Gañamos no desconto igual que puidemos perder. A sorte hai que buscala e ao longo dunha tempada acaba sendo xusta con todos os equipos.


¿Cales serán os principais rivais do Pontenova na loita pola permanencia?
Non sabería dicilo. Todos os equipos me parecen bos e con bos adestradores. Cando a competición vaia un pouco máis avanzada podería ser máis concreto.

¿E por arriba? ¿Ve a algún equipo superior ao resto?
Os recién descendidos, Sarriana, Lemos e Chantada, creo que teñen máis posibilidades. Pero eu non son quen para facer prognósticos, acabo de chegar.

La Voz de Galicia. Edición A Mariña. 13.09.2017

Complicado rescate de una senderista andaluza en un terraplén en A Pontenova

Vista de parte de la ruta de A Seimeira, en Sanxés. AMA

El Colegio de A Pontenova impartirá este curso más de un tercio en lengua extranjera

Resultado de imagen de lengua extranjera

martes, 12 de septiembre de 2017

Cena da generación do 69

Si naciche no 69 esto interésache:

O próximo 13 de Octubre vaise celebrar unha cena dos nacidos nese ano.

O restaurante e menú aínda están por determinar. 
Para anotarse e tamén para máis información todos os interesados poden poñerse en contacto con:

Rufino Ramallal (676-47.95.84) ou Fernando Rego (699-88.03.45)


Una foto "do Carreiro da Férrea" en A Pontenova entre las seleccionadas en el concurso de El Progreso y la Diputación

Imagen relacionada
(La foto no se corresponde a la seleccionada en el concurso)

lunes, 11 de septiembre de 2017

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

PRIMEIRA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 3

S.D. PÁRAMO 1 - SPORTING PONTENOVA 2



Sp. Pontenova: Rubenón, Davicín (Moro), Fran Fiallega, Bruno Bouza, Salva (Villi), Andres Bouza, Borja (Tontxu), Adrian Pasarín, Jorge (Franchi), Charly e Matelo.

Goles: Charly e Adrian Pasarín

Once Inicial do S.D. Páramo - Sporting Pontenova 
O Sporting Pontenova conseguiu a súa primeira victoria na presente temporada, na que regresaba a 1ª Categoría Autonómica Rexional 20 anos despois, no seu primeiro partido a domicilio.

Comezaba dubitativo o partido para o equipo de Dani Moirón, que saiu moi metido no partido, consciente da dificultade que supón o cambio de categoría e especialmente os partidos a domicilio, con duas boas ocasións de gol e moi serios en defensa, pero axina se complicarían as cousas cando a S.D. Páramo se fixo co control do xogo e no min 33 subía o primeiro gol ao marcador, resultado co que se chegaría ao descanso. 

Xornada 2. Resultados e Clasificación Oficial
Na segunda metade trocaron as cousas, o equipo gualdinegro tras o paso polos vestiarios e os reaxustes tácticos precisos xunto cos cambios introducidos deulle outro aire o encontro, conseguindo remontar o partido, primeiro tras un penalti cometido sobre Andrés Bouza que transformou Charly  no minuto 68 e cando o partido estaba chegando ao seu fin, Adrian Pasarín colocaba o definitivo 1-2 para a ledicia da bancada visitante, que se desplazou cun bo número de aficionados ao Campo de As Rapadas para poder disfrutar da primeira victoria do seu equipo.

Con este resultado o equipo suma puntos e colocase no anecdótico 4º posto da clasificación, non coñecendo ainda a derrota tras duas xornadas disputadas. 

A vindeira xornada, o Sporting Pontenova recibe ao Taboada C.F. no partido correspondente a Xornada 3 da Primeira Autonómica Rexional Grupo 3, que se disputará o Domingo 17.09.2017 as 17:00h no Campo de A Mina. 


¡Aúpa Sporting!

Espectaculares rincones por descubrir en A Pontenova

.
Foto: Carlos Gabino

Ana Glez Margaride gana a V Carreira Popular “Benquerencia Terra Mar”

miércoles, 6 de septiembre de 2017

AVELLENTAMENTO ACTIVO

Xa comezaron a funcionar as actividades de Avellentamento Activo organizadas polo Concello de A Pontenova para esta temporada 2017-2018. 

O novo grupo, na Escola de Liñeiras xa disfrutou das suas primeiras actividades nunha clase moi concurrida.




Lembramos para todos aqueles interesados, que para apuntarse é suficiente con ir as actividades e mostrar o desexo de incorporarse a elas. 

O horarios das actividades son os seguintes:

CASA DA CULTURA A PONTENOVA
  • Taller de Memoria/Manualidades Mercores 17:00h - 19:00h
ESCOLA DE VILLAODRID
  • Taller de Memoria/Manualidades: Martes 14:30h - 15:45h
  • Ximnasia de Mantemento: Venres 15:00h - 16:00h
ESCOLA DE XUDAN
  • Taller de Memoria/Manualidades: Venres 16:15h - 17:30h
  • Ximnasia de Mantemento: Mércores 15:00h - 16:00h
LOCAL SOCIAL POLIDEPORTIVO RECECENDE
  • Taller de Memoria/Manualidades: Mércores 15:15h - 16:30h
  • Ximnasia de Mantemento:Venres 16:30h - 17:30h
ESCOLA DE LIÑEIRAS 
  • Taller de Memoria/Manualidades: Mércores 16:00h - 17:00h
  • Ximnasia de Mantemento: Luns 16:00h - 17:00h
¡AVELLENTAMENTO ACTIVO E SAUDABLE!
¡CONCELLO DE A PONTENOVA!

¡APÚNTANTE XA!

Ayer se inició el curso en el Punto de Atención a la Infancia de A Pontenova con sólo 9 niños

Resultado de imagen de punto de atencion a la infancia

Os días 8 e 9 de setembro celébranse as festas en Conforto, na Pontenova, na honra da Nosa Señora.

Resultado de imagen de virgen de conforto

O NENO E O CABALO por JL. Lilo

martes, 5 de septiembre de 2017

lunes, 4 de septiembre de 2017

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

PRIMEIRA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 3

SPORTING PONTENOVA 3 - C.D. SAN CIPRIAN 3

A. Pasarín. autor de dous goles 

Sporting Pontenova: Rubén, David (Carlos, min 58), Fran, Bruno, Salva (Villy, min 73), Andrés Bouza, Adrián Pasarín, Borja, Matelo, Jorge (Franchi, min 70) y Moro (Luis, min 66)

San Ciprián: Madariaga, Carlos, Chiqui, Dani (Xoel, min 89), Óscar, Dener (Kaká, min 70), Racha (Martín, min 24), Antón, Borja Mella, Pablo Costa y Dani López (Samuel, min 63)

 Goles: 1-0, min 26: Adrian Pasarín. 1-1, min 37: Pablo Costa. 1-2, min 54: Borja Mella. 2-2, min 63: Adrián Pasarín. 2-3, min 73: Borja Mella. 3-3, min 83: Franchi.

 Árbitro: Javier Gómez (Lugo). Expulsó con roja directa al meta visitante Madariaga (min 25).


 Incidencias: Unas 150 personas en el campo de A Mina.


El Sporting Pontenova, inaugura el casillero de puntos en la primera jornada en su vuelta a 1ª Autonómica Regional 20 anos despues. En derbi de A Mina, la cadena de errores en uno y otro equipo propició un tanteador tan abultado. El San Ciprián pudo llevarse un punto a pesar de que perdió a su portero cuando aún no se había cumplido la media hora de juego. Madariaga vio la tarjeta roja directa por desbaratar con la mano fuera del área un ataque de los pupilos de Dani Moirón. 

Buen ambiente el vivido en el Campo de A Mina, un público siempre incondicional que vivió como una jornada festiva el regreso de su equipo a la categoría. 


La proxima jornada el equipo se desplaza al campo de As Rapadas para medirse a la S.D. Páramo, en un partido que tendrá lugar en la tarde del Domingo. 


¡Aúpa Sporting!

Ana Margaride vence con autoridad en la Rinlo-Ribadeo

.

Nuevo cura para las parroquias de San Esteban y Xudán

Resultado de imagen de xudan

domingo, 3 de septiembre de 2017

Non te olvides de comprar a camiseta do XI Festival As Minas

A Asociación Cultural e Deportiva AS MINAS sigue vendendo as camisetas conmemorativas do XI Festival que se celebrará o 16 de Diciembre. Podes compralas en Librerías JOSGUA e PAPELEO, Clínica SON SAUDE, Dekor-Eo, Bar PUENTE e Bar da PISCINA e en Zapatería Lencería ORLI. 

Date prisa que se están acabando e en algunha talla xa non queda stock!!!

jueves, 31 de agosto de 2017

Sporting Pontenova. Noticias

O Vindeiro fin de semana abrese o telón da 1ª Autonómica Rexional Grupo 3, onde 20 anos despois volverá a competir o equipo do noso pobo. 




¡Aúpa Sporting! 

                                         

Avellentamento Activo A Pontenova 2017-2018

Concello de A Pontenova

¡Arranca o Avellentamento Activo!


Este Luns comezan de novo as actividades que se realizaran ata Maio 2018. 
Seguimos medrando, este ano novo grupo en Liñeiras (Luns Ximnasia de Mantemento de 16:00h - 17:00h e Xoves Taller de Memoria/Manualidades de 16:00h - 17:15h)

Amistoso: SUPERTI,F.S. vs ATLÉTICO BEMBIBRE


A Pontenova tiene punto de atención a la infancia dependiente del Concello

Exterior de la nueva guardería de Burela. AMA
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.