viernes, 31 de agosto de 2018

Entrevista a Brais Álvarez, Xudán (A Pontenova) en La Voz de Galicia

Resultado de imagen de explotacion ganadera

Fuente: La Voz de Galicia
Brais Álvarez, que é de Xudán (A Pontenova), traballou tres anos nunha explitación de Friol. Había 70 vacas en produción leiteira, que atendía el, ademais de 40 de carne e 400 xatos de ceba. Era o único traballador que tiñan contratado os responsables e descansaba día e medio por semana. Logo traballou tres anos nunha fábrica da Pontenova, e agora é o encargado da oficina do Sindicato Labrego Galego (SLG) en Meira. Os tempos pasados en Friol deixaron nel unha boa lembranza: «Teño moi bos recordos da explotación; sempre me trataron moi ben», recoñece. Un dos problemas que Álvarez ve no sector gandeiro é a falta dun convenio colectivo, que si hai noutros, o cal pode ter consecuencias, por exemplo, á hora de cobrar. De todos os xeitos, engade que as diferenzas non son todas negativas: «Nunha explotación, aínda que cobres menos, trátante mellor ca nunha empresa», di. Engade que ese bo trato se debe a que os donos entenden o valor do traballo feito polo empregado, se ben comenta que tamén hai diferenzas entre distintas zonas de Galicia nas atencións ao persoal: e niso, polo que di, comarcas da Coruña gáñanlle a algunhas de Lugo.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.