jueves, 12 de julio de 2018

O Sergas pecha a porta a que A Pontenova recupere o médico


Fuente: Xornal da Mariña


xerente da Estrutura Organizativa da Xestión Integrada (EOXI) de Lugo, Cervo e MonforteRamón Ares, pechou a porta a que A Pontenova poda recuperar o médico de familia que perdeu logo da xubilación de Ramón Castro, facultativo no centro de saúde. O representante do Servizo Galego de Saúde (Sergas) acudiu á xuntanza convocada polo Concello para abordar esta situación, celebrada na noite do mércores na casa da cultura. Tamén estivo Rafael Sánchez, director de Atención Primaria
Ares asegurou que malia a perda dunha praza, A Pontenova está dentro dos ratios de poboación por médico que manexa a Xunta de Galicia. Segundo afirmou, o municipio, que conta con dous galenos, ten “unhas mil cartillas por facultativo”, polo que o Sergas non se plantexa dar marcha atrás á súa decisión de non compensar a xubilación, que se produciu hai dous meses.

“SEN SERVIZOS NON HAI XENTE”

O alcalde da PontenovaDarío Campos, mostrouse en desacordo coa decisión, porque “se no rural non hai servizos, non quedarán persoas”, asegurou. Os asistentes espuxéronlle a Ares que os ratios estipulados pola Xunta non son efectivos en zonas depoboación dispersa, como é o concello, con ata 62 núcleos poboacionais. Nalgúns casos, os médicos teñen que desprazarse ata 20 quilómetros para atender aos doentes a domicilio. Ares replicou que os baremos xenéricos no Estado son “de 1.500 pacientes por facultativo”.
OS VECIÑOS RESALTARON QUE CANDO A POBOACIÓN ESTÁ DISPERSA, OS RATIOS ESTIPULADOS NON SERVEN
O xerente da EOXI asegurou que o Sergas ten a intención de, pasado o verán, implementar na Pontenova -así como noutros concellos que perdan médicos por xubilacións ou baixas- un protocolo de atención a enfermos crónicos que xa se aplica en Baleira e que axudaría a axilizar a atención médica. Sen embargo, Ares non precisou unha data concreta de apertura nin o persoal do que dotará ao servizo.

VACANTE DUN PSX

Os veciños reclamaron tamén que se cubrise unha vacante de Persoal Xeral Sanitario (PSX), que está ausente debido á comisión de servizos. Os pontenoveses aseguraron que a súa falta disuade a algunhas persoas maiores de solicitar atención médica, xa que teñen dificultades para manexarse coa centralita do servizo e así pedir cita. Neste senso, Ares resaltou que o Sergas revisaría a carga de traballo da persoa empregada e que tomaría unha decisión en función dese volume.

PAC DE MEIRA

Outra das demandas dos veciños foi relativa ao Punto de Atención Continua (PAC) deMeira. Os asistentes pediron que se reforce o servizo, especialmente no tocante áenfermería, pois só hai un ATS para atender as urxenciascuras e atencións a domicilionas fins de semana.

SEN MOBILIZACIÓNS Á VISTA

Polo de agora, o Concello da Pontenova non convocará protestas pola medida do Sergas.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.