jueves, 19 de abril de 2018

Presentan a Festa da Troita, á que asistirán este ano 120 pescadores e como novidade haberá un mercado

Resultado de imagen de festa troita pontenova
Fuente: La Voz de Galicia


O presidente da Deputación e alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, xunto o presidente do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), Francisco Javier Rois Freijo, presentou onte a XL Festa da Troita da Pontenova, que terá lugar os días 30 de abril e 1 de maio no municipio mariñán.O goberno da Deputación, xunto co Concello, promoven a organización deste evento cun investimento de 9.000 euros, sendo as únicas administracións que apoian esta cita.
Campos Conde subliñou que «a Festa da Troita cumpre 40 edicións totalmente consolidada no calendario festivo galego como unha das citas que atraen a un maior número de visitantes entre pescadores chegados de diferentes puntos de España como Palencia, Burgos, ou Asturias que acoden a competir coas súas familias; e veciños da provincia de Lugo e da comunidade galega que veñen a degustar as troitas nas casetas da festa. Trátase, polo tanto, dun evento con gran relevancia non só para a economía do Concello, senón tamén do conxunto da comarca, pois durante dous días recibiremos a visita de milleiros de persoas que se hospedarán e xerarán riqueza entre os nosos establecementos de ocio e restauración». O presidente da Deputación e alcalde da Pontenova avanzou que «este ano, como novidade, inauguramos o I Mercado Festa da Troita que contará con máis de 10 postos de artesanía e de comida típica e tradicional e que estará situado na Praza do Concello, como un atractivo máis da cita. Estamos seguros de que tanto os artesáns como as persoas que participen nesta nova edición da Festa da Troita quedarán con ganas de repetir en vindeiras ocasións».
O evento, declarado Festa de Interese Turístico Galego e Interese Turístico Deportivo Nacional, reunirá a 120 pescadores e milleiros de visitantes. Tamén se entregarán as Troitas de Ouro (que anteriormente lle foi concedida á Voz), este ano ao o programa “Caza e Pesca” de Movistar Plus; ao artesán de moscas Vicente Longo; ao escritor Guy Roques; ao campión de España de lance por equipos Raúl Ibo Salazar, e ao campión de España Xuvenil de pesca morta Alí Pérez Trebolle. Unha cita para non perderse.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.