jueves, 15 de marzo de 2018

O CIT da Pontenova presente na Asociación Galega de Sociedades de Pesca



NACE A ASOCIACIÓN GALEGA DE SOCIEDADES DE PESCA
No día de onte quedou constituída a Asociación Galega de Sociedades de Pesca.
A acta fundacional foi asinada polos representantes das sociedades fundadoras sumando entre todas elas máis de 4.000 pescadores.
Os fins principais da asociación son representar ao colectivo de pescadores e ao sector socio-económico da pesca en Galicia, traballar pola pureza das augas continentais e costeiras, fomentar a pesca deportiva, velar polos dereitos dos pescadores e incentivar o deporte da pesca entre os máis xóvenes.
A Asemblea Constituínte elixíu Xunta Directiva que está presidida por Pepe Casal (Club Tambre). Os vicepresidentes son Xavier Pazo (Troiteiros do Río Furelos) e Taracho Rois (CIT da Pontenova). O secretario é Miguel Sande (Sociedade Deportiva Río Ulla). O delegado provincial da Coruña é Antonio Cotos (Sociedade Río Mandeo), o delegado en Lugo é Luís Sandamil (Amigos do Miño) e o delegado en Pontevedra é Xosé Antonio Vinuesa ((Sociedade de Soutomaior). Vogais: Asociación de Pescadores da Ulloa, Sociedade de Caza e Pesca de Silleda, Sociedade do Iso, CD Rodeo, Castillo Ulla-Deza, Sociedade de Caza e Pesca de Xuvia, Club Latorre, Fario-Laracha, Troiteiros do Ombreiro e Sociedade do Vea.
Todas as sociedades presentes manifestaron as súa preocupación pola situación actual da pesca e o declive dos salmónidos nos últimos anos o que os levou a poner en marcha esta asociación que nace coa finalidade de unir, de sumar esforzos e de dignificar esta actividade ancestral con tanta tradición en Galicia.

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.