miércoles, 7 de marzo de 2018

ESCENA NA EIRA por J.L. Lilo





  
ESCENA NA EIRA por J.L. Lilo

Nun serán do mes de Xullo no que se abafaba co calor pegañento e, nIn siquera, aos homes ca camisa desbargoletada, lles deixaban de baixar as pingas da sudor polo rego do peito. As mozas, co apretador desabrochado, amosaban a redondez dos seos erguidos pola raiz do canaliño, ca tenra soavidade e brancura de verse liberados. Pasmados, sin poder evitalo, óllabamos de esguello o froito prohíbido e en pensamento bicabámolo como si fora manto da virxen en romaria.
Os nubeiros mouros andaban uns derriba dos outros, para aquí e para acolá, empuxados por ventoleiras quentes.
Tempo de erguer as medas , logo de colocar  no fondeiro os mollos de centeo ou avea ata o aleiro que sostiña a barriga de trigo manso ou do monte. Cantos máis tivera a roda, máis altura collía e era proba de ser casa rica ónde a malla podía durar todo ó día.
Uxío, labrego e canteiro, medaba moi ben, medas como peonzas, dereitiñas e aguzadas que endexamáis entornaban, nen metian a auga de brea. Asentaba os mollos como se foran pedras no barro e na cúspide conquería a inclinación axeitada como un tellado de louxa en torre de igrexa.
Moitos dos seus veciños queriano de medador , non polo feito de non cobrabarlles un patacón, só polo bon facer. Fixaban día de semán, sempre que non chovera.
Nese serán de Xullo, cando estaba a medar para o veciño Manoel da casa de Marín, ao lonxe, os lóstregos dibuxaban o ceo dos montes de Carballido e Bretoña. Uxío que se atopaba nas alturas vixiaba ao horizonte e á andadura da negrura cara a aldea e, cada pouco,  ca man pregaba a ourella, non ouvía ben, para escoitar o trono despois do chispazo para medir si se atopaba perto ou non.
Uxío  tamén era moi pabero, ou sexa, tiña retranca san. Asomaba á beira para ver os que daban mollos e dícíalles: Deixade o cortexo para a noite, hai que cerrar a meda, axiña vai chover...ou qué Maruxiña ¡¡, abotona a blusa que se che van mollar e logo  vai resbalar nelas.
Nesto, o dono da meda, Manoel que só andaba a parola pola eira, levantou a testa e berroulle: ¡¡Uxío, tí non teñas medo, se chove xa parara ¡¡. Logo a noite temos unha cea ao teu xeito  que... como andas fodido do estómago.
Fíxose un silenzo na eira e os rapaces ollaronse úns a outros e espurraron as risas polo baixo. Feliciano, familiar do Manoel, estaba a xogar con outros nenos, pro escoitou a conversa sobor da cea, correu ao pé da meda e dixo: Eu xa sei que é, sei que é que estiven na cociña...todos agardaban a noticia ata que soltou... é guiso de coello, é guiso do coello que matou a egua na corte.
Só se ouvian os tronos que mesmiño estaban enriba da aldea e as gargalladas dos presentes, máis frescos porque as  gotas gordas de auga caían arreo polos lombos e amansaban a fogaxe vivida.
Uxío, tamén escoitou a procedencia do menú e síntiu un arrepío no seu endebel estómago ardente como se a úlcera fora a boca do inferno. Ao tempo de apurar o cerre da meda, simulou ca infermidade dixestiva estaba despertando, ata deu un pinchecarneiro ca dor co roía, e berraba: ¡¡ veña mollos, veña mollos e espetos, vou cerrar, vai chover moito e eu estou cada vez máis doente, teño que tomar unha manzanilla e meterme na cama¡¡.
Manoel, con lamento e tristura, ollando cara ó ceo, repostáballe: Hai que foderse, que non poidas cear, sabendo o ben que che sentaría o guiso.
Uxio: non te preocupes veciño, sabes das miñas doenzas e cas estou a curar con réximen, e con  calquer exceso volto para trás. Xa chegará o día da malla, comida ou cea tocaranche e celebramos todo xunto.
Manoel, agardo que sexa así, xa me tarda.
Chegado o día da malla, nin que fora o demo, pois a cea tocou na casa do Marín. Todos lavados, con roupa limpa, con gañas de comer, beber e farrear, empezaron a chegar as fontes a mesa cheas de carnes, patacas e garabanzos. Ao pousar unha delas fronte mesmo a Uxío e aos maquinistas, ista contiña dous coellos enteiriños de corpo, asados e cos ollos nas cuncas que semellaban ter vida e que pregaban pola sua salvación.
Uxío ao ver os animais emparexados de barriga e pedindo clemencia para non ser comidos, non dubidou e levantouse da cadeira  para que ouviran tódolos os comensais o seu sentimento aos animais co ollaban e dixo Non me mireis, eu nada vos fixen e non penso tocarvos, faltaría máis comervos.
Uxío  sentou de novo e púxose a fumar, mentras que alguenes déronse conta do monólogo, outros seguiron ao seu e comeron a fartar e Venancio o maquinista tamén comeu o lombo do animal e cando rematou quixo saber  da chistada e, con razón ou sen ella, sofriu a revolución das tripas que fai que se engadellen e non saiban desengadellarse.
Aqueles seráns do mes de Xullo, cando as medas e as mallas enchían as eiras de traballo compartido, de miradas de amores calados e de roces dos corpos detrais do palleiro cando se cruzaba o carretador da palla ca rapariga ca cesta do trigo sobor da cabeza. Logo, voltaba ca cesta baleira e cun sorriso nos beizos por sentirse amada.
Sorte tivemos os carretadores de palla, os namorados en eiras compartidas, os cómplices de olladas cando os sentimentos eran máis fortes ca razón.

J.L.








Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.