domingo, 11 de febrero de 2018

Obras de mellora no CEIP de A Pontenova



Fuente: PP A Pontenova

Boas novas para A Pontenova!!

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria realizará obras de mellora nos colexios da Pontenova cun investimento de 15000 euros. Estes traballos consistirán na substitución de ventás para incrementar a eficiencia enerxética, mellorando as condicións de climatización en dito colexio e mellorando os custos do seu mantemento. A Xunta prevé que as obras se executen no verán, tanto por necesidades técnicas como por non interferir co normal desenvolvemento das clases.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.