viernes, 15 de diciembre de 2017

Entrevista a Luis Miguel Rivas (Presidente da ACD AS Minas A Pontenova)

.

Fuente: La Voz de Galicia

En decembro, todo son festas. O Nadal convida a celebrar máis ca nunca, quentando unha estación tipicamente fría. O termómetro vai subir estes días na Pontenova co XI Festival As Minas que organiza a ACD As Minas pero que tamén abandeira outras iniciativas abertas como a campaña solidaria de recollida de alimentos, roupa, xoguetes, etcétera ata mediados de xaneiro. Non paran.
-Fan este festival de forma anual.
-Si, xa son 11. Pero facemos máis cousas ao longo do ano. O principal é o festival. Outras cousas son a recollida solidaria de alimentos, roupa e xoguetes que uns anos mandamos a Cruz Vermella e outros a outras oenegés, organizamos tamén algún concerto de música de forma esporádica, presentacións de libros, o carnaval, fomos ao maratón de Valencia por causas solidarias...
-Vamos, que a ACD As Minas ten un claro papel de dinamización cultural e lúdica en A Pontenova.
-Nós xa facemos dúas cousas que xuntan a moita xente, o carnaval e o Festival As Minas. Tamén está o CIT que fai a Festa da Troita, o Sporting co fútbol... Pero en plan festas... nós (ri).
-Quenes integran o colectivo?
-Somos todos xente nova.
-Como é a partipación veciñal neses eventos, falando do rural e de poboación envellecida?
-Si, esa é a verdade pero cando son cousas destas como temos ao carón os concellos de Riotorto, Trabada, Meira e de Asturias Taramundi... ao final vaise xuntando xente aquí. Pero é a da Pontenova unha poboación moi participativa. Temos unha pandilla de xubilados moi animada. É certo!
-E para os novos, hai expectativas de futuro no municipio?
-Tamén é certo que a nivel de oportunidades estamos limitados, pero como en toda a Galicia rural. A veces hai que buscar o traballo fóra pero non nos queixamos porque A Pontenova ten algo de industria e de comercio, aínda que non se pode comparar con outras poboacións de A Mariña como Ribadeo ou Viveiro. Hai moitas parellas que se viñeron a vivir ao pobo. Vas a o parque e hoxe ves máis carros de bebés que hai dez anos.
-Non nos perdamos no fío do tema que nos trouxo aquí. Luar na Lubre en A Pontenova e gratis!
-Dende fai uns anos estámonos esforzando máis do que nos esforzábamos, tratando de mellorar a calidade do festival. O ano pasado trouxemos a Susana Seivane e este a Luar na Lubre. O festival sempre era no verán pero dende a pasada edición cambiámolo a decembro. Non sabiamos como ía responder a xente ao cambio. Este mes hai moitas ceas de Nadal, de empresa... e moito frío! Utilizamos a mesma carpa da Feira de Artesanía da semana pasada, calefactada. Este ano temos unhas expectativas moi boas tanto para a churrscada popular como para o concerto. Teñen que pagar 10 euros os que queiran vir só cear pero os que queiran vir ao concerto... Iso é gratis! Redoblamos esforzos noutras cousas, en vender camisetas e lotaría. Temos tres fontes de financiación grandes, a axuda da Deputación Provincial de Lugo, a axuda do Concello de A Pontenova e a xestión do bar do día do festival que poñemos nós.
-Outros anos facían homenaxes a antigos mineiros pero me parece que xa remataron a lista e non queda ningún por homenaxear.
-Seguen quedando antigos mineiros. Invitámolos a cear sen que paguen pero os que quedan están con saúde delicada. Tiñamos este ano para chamar a oito, xente que sabemos que traballou directamente na mina.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.