PRIMEIRA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 3
SPORTING PONTENOVA 0 - SDC SAN ROQUE 1
![]() |
Xornada 5. Resultados e Clasificación Oficial |
Sp. Pontenova: Ruben, Luis, David (Franchi), Bruno, Puente, Fran Fiallega, Andres Bouza, Tontxu (Borja), Jorge (Moro), Charly e Matelo (Adrián Pasarín).
O Sporting Pontenova non fai bo o que gana fora. Este sábado, na Mina perdeu fronte ao San Roque por 0-1. Os de Dani Moirón perdoaron na primeira metade, onde fallaron un penalti no minuto 8.
O equipo local merceu mais, pero o conxunto lucense estivo inquebrantable en defensa. Especialmente na primeira media hora, o San Roque estivo errático e lento co balón e sufriu ante un Pontenova que lle impediu combinar.
Sería no comezo da segunda metade cando chegaría o gol visitante: David rematou na área pequena un córner botado por Andrés. a partir de entón o San Roque xogou con mais criterio, e os seus medio comezaron a entrar en xogo. Nos derradeiros minutos a expulsión do visitante Esteban fixo que os locais se botaran arriba, pero o San Roque conseguiu aguantar o resultado.
A vindeira xornada o equipo gualdinegro desprázase ao difícil Campo de O Acebreiro para enfrontarse a U.D. Pastoricense, nun partido que será o domingo 08/10/2017 as 16:30h.
PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. GRUPO 6
SPORTING PONTENOVA 1 - SDC RESIDENCIA "B" 4
Sp. Pontenova: Diego, Alberte, Dani, Álvaro, Adrian, Juan, Miguel, Esteban, Gabriel, Ivan e Christian. Tamen xogaron: Cubelas, Diego, Iago, Pedro Vadim e Anxo.
Gol: Gabriel
¡Aúpa Sporting!