domingo, 8 de octubre de 2017

A Diputación destinou 12.000 euros para a mellora de accesos á escola pública en Santa Comba de Órrea

.
Fuente: La Voz de Galicia
O deputado de Cooperación cos Concellos, Argelio Fernández Queipo, informou este venres que o goberno provincial rematou 19 obras de mellora noutras tantas traídas de auga, accesos viarios e locais sociais de núcleos rurais de 15 municipios lugueses, ás que destinou 305.000 euros. Fernández Queipo explicou que en total executan 129 actuacións desta índole en localidades rurais de toda a provincia con 1,5 millóns de euros. A xunta de goberno deste venres aprobou as contas xustificativas dos traballos rematados.
As 19 actuacións xa executadas son: 
Lugo: construción dun depósito de auga veciñal no Espiñeiro con 21.400 euros.
A Fonsagrada: creación dun abastecemento de auga no lugar do Fito con 19.500 euros.
Ribeira de Piquín: creación dun depósito de auga na Lama con 30.000 euros.
Folgoso do Courel: construción dun abastecemento de auga no Órreo con 28.900 euros, e a creación dun depósito de auga e abastecemento de Meiraos con 26.052 euros.
Taboada: a creación dunha captación do manantial San Cristobal Norte con 28.600 euros
Cervantes: creación dun abastecemento de auga en Catroventos con 21.300 euros; e mellora da rede de abastecemento no Río do Castro.
Quiroga: limpeza de accesos e mellora de captación en Sequeiros con 9.975 euros, e melloras do accesos á fonte de Novais con 6.719 euros
Navia de Suarna: mellora da rede de abastecemento en Silvouta con 9.300 euros
Bóveda: mellorar da rede de abastecemento de auga dos veciños de Santa Lucía con 10.000 euros
Mondoñedo: acondicionamento de accesos a vivendas de Maariz con 7.273 euros.
Monterroso: melloras no monte veciñal en man común de Sambrexo con 11.998 euros; e acondicionamento de camiños a Lodoso con 12.000 euros.
O Incio: para a mellora de camiños en Trascastro con 11.554 euros.
A Pontenova: para a mellora de accesos á escola pública en Santa Comba de Órrea con 12.000 euros.
Castro de Rei: mellora do local social de Ludrio con 8.300 euros.
Xermade: o acondicionamento da Casa Escola con 10.759 euros.
Máis emprego
Por outra parte, o goberno da Deputación resolveu a contratación de 4 desempregados lucenses que comezarán a traballar noutros tantos Concellos da provincia, a través do Ben Empregado 2 e 3: 1 camareiro en Castro de Rei, 1 peón no Saviñao, e dous técnicos forestais, 1 en Trabada e outro en Monforte de Lemos. O Deputado lembrou que continúa aberto ata o 18 de outubro o prazo para que empresas e colectivos sen ánimo de lucro da provincia soliciten as axudas do Ben Empregado 4!.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.