
Fuente: La Voz de Galicia
A Consellería de Medio Rural ofrecerá 254 fincas para traballar na Mariña para os chamados bancos de terras. Estas fincas, a campo, que a Xunta habilita para seren traballadas, ofréceas na Pontenova, Trabada, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo e O Valadouro.
Onte na consellería celebrouse unha reunión á que asistiron os alcaldes/as mariñáns e tamén José Manuel Balseiro, delegado territorial da Xunta.
Todas estas fincas que a Xunta habilita dentro dos Bancos de Terras neste momento «non teñen utilidade agraria». e poderían pasar a ser de titularidade municipal. Os alcaldes coñeceron as parcelas e en 10 días poden presentar alegacións.