lunes, 17 de julio de 2017

Crónica e fotos do estreno de "Hotel Rosamar"


Fotos: Javier Acebrás e Eva Veiga
Texto: Santi Coladas

Este pasado sábado a Escola de Teatro da Pontenova estrenou na Casa da Cultura a obra "Hotel Rosamar". Como xa ven sendo habitual o aforo quedouse pequeno para acoller ós centos de veciños e amigos que nunca se queren perder as representacións destre grupo de teatro aficionado que fai as delicias dos asistentes.

Como ben dixo Guillermo (Director da Escola de Teatro): "É un luxo ver como obra tras obra a Casa da Cultura sempre se enche, algo que non é nada normal incluso en sitios de moita máis población ca este".

O público asistente rompeu nun forte, sentido e largo aplauso ó remate como mostra do cariño e admiración que senten hacia todos os actores que fan posible que cada certo tempo poidamos ver na nosa vila teatro de calidade e pasar ratos de risas e ledicia. 



















































Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.