jueves, 13 de julio de 2017

Comunicado do Sporting Pontenova

Resultado de imagen de sporting pontenova

1º Equipo Sporting Pontenova

Dani Moirón, continuará como adestrador do 1ºEquipo unha temporada mais.

Logo de conseguir algo histórico co equipo do seu pobo, gañar a liga e conseguir o ascenso do equipo a 1ª Rexional case 20 anos despois, e de conseguir gañar a Copa Deputación de Lugo logo de 13 anos, Dani Moirón Continuará unha temporada mais como adestrador do primeiro equipo cumplindo deste xeito a súa 9ª temporada dirixindo a nave gualdinegra.

Sendo unha excepción do dito de “ninguén é profeta na súa terra”, Dani Moirón afronta con ilusión unha temporada mais que será novidosa para él xa que non adestrou nunca en 1ª Rexional.


Dani Moirón:

“Dende que levo adestrando, foi o ano que mais me costou decidirme a continuar a fronte do equipo, pero agora mesmo debome a un grupo de xogadores que o merecen todo e quero continuar neste camiño xunto a eles”

“Teño a mesma ilusión que o primeiro dia por comezar esta temporada”

“Nunca adestrei en 1ª Rexional , teñolle moito respeto pero creo que con traballo, gañas, humildade e ilusión podemos facer un bo papel”

“O obxectivo da vindeira temporada non será outro que tentar competir partido a partido e salvar a categoría”

Plantel:

Dani Moirón poderá contar co 95% dos xogadores que o ano pasado conseguiron o cambio de categoría. Só está confirmada a baixa do Xuvenil Roi Campos que marcha para o C.D. Lugo de División de Honra Xuvenil e as dúbidas de si continúan ou non (aínda que a directiva ten a esperanza de terminar convencendoos) do central Hector e do capitán Maketo. Confirmando así a esperada renovación de Andrés Bouza, que unha temporada mais defenderá a camiseta gualdinegra. Ademáis farán a pretemporada co primeiro equipo os xuvenis Fran, Álvaro e Juan. Asimesmo o equipo non está cerrado, o club espera poder incorporar 2-3 xogadores que reforcen o equipo.

Equipo Xuvenil:

Andrés Bouza seguirá sendo o adestrador do equipo xuvenil unha temporada mais. Co único obxectivo de seguir competindo ben e subir rapaces para o primeiro equipo, Andrés segue co grupo de xogadores cos que comezou fai xa tres anos, con ilusión e gañas de realizar unha boa campaña compaxinando a labor de adestrador coa de xogador do primeiro equipo.  

Calquer dúbida:
-         Jose Manuel Corbeiras (Presidente): 699818091

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.