domingo, 11 de junio de 2017

Hoxe pode ser outro gran día...Vamos Sporting!!!

Resultado de imagen de sporting pontenova

Hoxe pode ser outro gran día para o noso club. O Sporting Pontenova pode conseguir por segunda vez na súa historia a Copa Diputación presumindo de poder facelo cun técnico da casa, Dani Moirón, quen nestos 8 anos que leva ó frente do equipo soupo en todo momento dirixir, e con acerto, un equipo que en anos pasados e con plantillas moi cortas de efectivos chegou a pasalo mal para manter a categoría pero que nesta temporada non sólo foi capaz de acadar o ascenso con autoridade senon que tamén parte como gran favorito para facerse co título de Copa.


Toda a plantilla merece mención especial, sin excepción, pero é un gran orgullo para os veciños e siareiros ver este grupo de xogadores capitaneados tamén por un home da casa, Maqueto (Marcos Veiga), con xa moita experiencia nas súas pernas e facendo de guía no campo e fóra del a xente moito máis nova coma Roi, Cristian ou Borja entre outros. 
Sin olvidarnos doutros "ilustres" tamén nacidos na Pontenova como Jorge Moirón, Andrés Puente, Carlos Torres, Xoel Bouso, Villi, Rubén, etc, etc,...todos sentindo ó máximo os colores e cunha pasión por este equipo fora de toda duda. 

Outros xogadores de municipios veciños como Tontxu, Queitas ou Andrés Bouza (Riotorto), Pasarín, Matelo ou Bruno (Vegadeo), Luis López, Hector, Carlos, Moro e Davicín (Ribadeo) e tamén Alex Costea (Rumanía) que hoxe ben parece como si levasen toda a vida no Sporting deixándose a piel en cada entreno e en cada partido, integrados na vida social e deportiva da Pontenova como calquer veciño da vila.

Por todo esto, porque poden facer historia, porque pase o que pase hoxe esta temporada é das máis exitosas do club, polo esforzo da directiva e porque o merecen....

HOXE, TODOS SOMOS SPORTING, HOXE PODE SER UN GRAN DÍA
VAMOSSSSSSSSSSSSSSSS!!!

Resultado de imagen de sporting pontenova
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.