jueves, 4 de mayo de 2017

X CONCENTRACION DE SENDERISMO A Pontenova

Resultado de imagen de senderismo a pontenova
COMUNICADO do Club de Xogos e Deportes Populares e Tradicionais de Santalla:

Poñemonos en contato con todos vos dende a organización da concentración de senderismo da Pontenova  para invitarvos a participar na X CONCENTRACION DE SENDERISMO  que celebraremos o dia 21 de mayo na PONTENOVA donde estaríamos encantados de compartir con todos os que queirades asistir a un día de andaina polo noso concello.
Este ano faremos a via verde do Eo ou Ruta do Ferrocarril, comenzando na ria de Abres que pertenece o concello de Trabada, donde faremos un tramo inédito de 7 quilómetros para seguir dende San Tirso polo trazado xa coñecido e rematando na Plaza dos Fornos da Pontenova con un total de 18 quilómetros.  
A razón de facer este ano esta ruta é intentar que o proyecto de recuperación desta vía dende A Pontenova a Ribadeo que foi aprobado no seu dia polo goberno central non quede no olvido e se poida convertir na primeira VIA VERDE DE GALICIA con un percorrido total de 36 quilómetros.
Neste correo adxuntamos o cartel,programa e folleto de inscricion con direccions de correo e teléfono para anotarse.
A inscrpición é gratuita e agradecemos que reenviedes este correo a todos aqueles que nos non podemos chegar para poder contar co maior número de
senderistas e poder entre todos dar o maior número de pasos posibles para que un dia esta VIA VERDE sexa unha realidade.

Para calquera consulta podedes chamar o teléfono 607429454.

Dende a organización gracias anticipadas e animadevos a participar.

     Un saudo a todos.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.