martes, 23 de mayo de 2017

O CASADO CASA QUER por JL. Lilo (9ª escena)




 Escena 9 – Tristura – O CASADO CASA QUER 


Elio: ...Quérovos dicir unha cousa...escoitade, estou un pouco nervoso.

Ida: Fala fillo, fala...e logo pásache algo no traballo?

Elio: ...Non, o día de San Xoán embarco, xa teño o pasaxe.

Gumer: Válgame Deus, Elio, para ónde...non te chamarian a filas?

Elio: Voume para México...teño traballo nas minas de prata de Chihuaha.

Ita e Candi botanse a chorar cas mans na cabeza.

Dionisio: Sobrino, pero estás seguro...te controlan o a que temes?

Elio: Dende que comenzou a guerra o pozo Luisa é unha pota fervendo...unhas veces con razón e outras sin ela.

Ida: ...Pró quén che mercou o pasaxe e che buscou traballo naquelas terras?

Elio: Don Justo chamou as amizades que deixou  seu tio Remigio...o vicario de Mondoñedo...ten moitas influencias...ademáis, si non marcho non tardan un mes en movilizarme.

Gumer: Fillo, contigo vaise unha parte da nosa vida...pró temos que estar caladiños por un siacaso que alguén o saiba e corra a voz.

Ida: Aforros hai poucos na casa, pro vas levalos todos.

Dioni e Candi: ...E os nosos tamén.

Elio:...Só faltaba...teño dabondo para amañarme...xa logo vos mandarei diñeiro para mercar esta casa que sempre será de todos nós.
Non quero máis bágoas...as irmás e irmán xa lle lo dixen e entenden a miña situación.

Gumer e Dioni: Vamos ir acompañarte ata ao porto da Coruña...

Elio: Non, xa vai vir Ernesto que está de andar polo mundo e pidiu un permiso, vosoutros descansade.

Ida: ...Fillo vouche ir lavando a roupa e secando os chourizos do pingo que vas levar xunto cun bolo de pan.

Elio: ...Non vos quero ver tristes...son novo e vou voltar non tardando.

Candi: ...Sobriño non te esquezas de que tés que casar aquí...esas lurpias das Américas non saben facer nada.

É Xuño do ano mil novecentos trinta e sete, Elio emigrou,  Ernesto sigue en África , Yanet voltou para Cuba, Dionisio quedou no Castro da Picota a Domi  chamarono a filas, Espe sigue de costureira e os demáis traballando no púlpito, nos rezos, na terra e polas portas  no caso de Enriqueta.

Son seis da tarde do vintecinco de Xullo e chegan a casa Esperancita e Finita.

Ida: ...Espe, Finita e tí tamén...que milagre.

Gumer: ...Rematamos agora de comer un bocado denantes de voltar a segar as aveas...aquí non se gardan diasantos.

Espe rompe a chorar e trembanlle as máns.

Ida e Gumer: ...Filla, filla que hai de novo...ai por favor¡¡

Espe sae como un lóstrego para habitación

Finita: ...Tranquilos todos... e que Domi...

Ida: ¡¡ morreu, matárono¡¡... ai virxenciña de Conforto¡¡

Todos quedaron calados...ollándose de esguello.

Finita: … Por favor, calmadevos...axudemos a Espe...na toma de Madrí Norde...nun ataque de artilleria...chegou Modesto a Pontenova para dicirlle que a garda civil lles levara un telegrama.

Dionisio: Que destrozo en esa familia...su único hijo...se matan entre sí rojos y azules...que pais éste.

Pum, pum, pum na porta...Gumer: quén vai...entra Don Justo todo aflixido e co alzapescozos deporondándolle polas costas.

Finita: … y usted a esta hora...no será qué...

Cura:  Acabo de enterarme...estoy confundido...que desgracia Señor...qué miserias del hombre,
y Esperancita?

Dioni: ...Está postrada  viviendo la pena sóla.

Cura:  Ya no hay palabras de consuelo para vosotros...me marcho, tengo cosas que hacer.

Candi: ...Señor cura non estaría demáis facer un rosario pola ialma de Domi.

Cura: ...Hoy no es el día propicio...ya pensaré...nadie está para rosarios... sí para recuerdos...ah, escribió Elio?

Gumer: Xa llo iba dicir pro con istas novas esquecime...ontes chegou a carta...está contento e mándalle apertas.

Cura: Cuando salgamos de este pozo de amargura ya te pediré la dirección...quizás no tarde en verlo personalmente.

Candi: ...Estou ouvindo ben...ai , Xesucristo ¡¡, no me dirá que lle saiu parroquía na América...e nós qué...cando morramos quén nos dara a extremaución.

Dioni: Cándida, pero de que hablas...deja a don Justo que tiene prisa y a las extremauciones que ya nos las están dando sin pedirlas.

Ao anoitecer chegou Tasiño – o sacristán-, sentouse na pia que se atopa xunto a porta da corte pois non se atreveo a chamar, ata que saiu Candí para ir ao palleiro por unha gavela de palla de centeo e o viu.


Candi: Tasiño... oh que medo me deches...e tí que fas ahí...como non entras?

Tasiño: Ouvín que morrera Domi...estaba a segar na restreba no Tesouro e pasaba por alí José do Zarralleiro do Vilar das Pedras e díxomo...collín tanto medo que non parei de correr ata aquí.

Candi: ...E logo para ónde iba o Zarralleiro?...non se o demo...

Tasiño: Pois apuro levaba...quería atoparse cas tropas da República que chegaron este serán a Pontenova.

Dionisio: ...Tasiño, que dices... las tropas republicanas?.

Tasiño: Si, seica baixaron pola estrada de Mondoñedo cando estaba segando na chousa da Almuiña  e viu os camións pasar por  Vilarcousende.

Dionisio: ...Pienso que está confundido ese señor...eran las nacionales que llevan toda la tarde pegando tiros contra el monte de la mina...no oias el eco?

Candi: … Ai leve o demo, non me cheira moi ben o encontro que poida ter José con eses soldados.

Gumer: Esto vai de mal en pior...acabo de atoparme nas Cruces con Solar de Goios e contoume que os soldados lle mataran unha vaca na corte.

Tasiño, Dioni e Candi: ..Unha vaca na corte¡¡, pro isto non ten pés nen cabeza...

Gumer: Ai si oh...pro tamén mataron a ese señor de quén falades, cando fuxía e quixo brincar a porta da corte...estaba o postigo aberto...batera cunha patrulla no campo de Muruais, déronlle o alto e arriba España e él virou co puño en alto e berrando viva a República... e pum, pum e o tiro atravesouno a él e a vaca que estaba recén parida.

Candi: Vedes, xa o dicía eu...cheirabame mal o encontro...José sempre foi de esquerdas...

Enriqueta: ...Virxe das Neves me ampare..ouvino en Conforto...peguei de volta e ata se me soltou do ramal a burra no Boulloso...deixei burra e can polo camiño...xa virán si queren.
...deume moito que pasar a ponte do rio...rexistraronme de arriba abaixo...grazas que traia limpa a  roupa interior.

Dionisio: … Los soldados, Enri...pero tú eres una mujer de campo.

Enriqueta: E logo quén...estou eu para outros rexistros...menudos moinantes...e tiro que te criou contra as minas...pois por alí non hai raposos que está o monte pelado.

Ida: Ai, Tasiño e Enriqueta, que desgraza para miña Esperancita e para todos nosoutros...morreu Domín...tan bo rapaz, pobres pais...non levantaran cabeza neste mundo.

Tasiño e Enri tiraronse abrazados a Ida e as bágoas de ámbolos tres ían deixando un regueiro de tristura na soleira da porta.
O anoitecer do día de Santiago no Castro da Picota deixou un silenzo gris que nen os tordos, rulas e gorrións cantaron a caida do sol polos montes de Bretoña, nen a burra orneo ao chegar, e o can Tarfe co rabo antre as pernas deitouse e non ladrou nada en toda a noite. O pantasma da morte voaba raso polas Terras de Miranda. 
                                                                                                                                             (Continuará...)                                                                                                          


Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.