martes, 21 de marzo de 2017

O CASADO CASA QUER por JL. Lilo (3ª escena)



TERCEIRA.- O casado casa quer.

É domingo, día vinte e oito de Decembro do ano mil novecentos trinta e seis, son as dez da mañá. O tempo non acouga, nubeiros mouros, chuvia de neve  que fai cos corvos voen escorados pola ventisca, sin deixar de esparcir o gua, gua no ceo do Castro da Picota.


Cura.- (Co canto do do puño bate no postigo) ...pum, pum, pum..¿ hai alguien en casa... dormilones?

Ida.- Sr. Cura, como madruga... pase, pase.

Cura.- Buenos dias nos de Dios... Gurme, Espe y Elio, planchando oreja...es domingo...y Finita?

Ida.- Ai si oh, Gurme muxindo a Galana, Espe na cama, anda cansiña de tanta costura e Elio non durmiu na casa, ontes foi festa en Trasdacorda...Finita, probe, ainda que non tiña rezos no convento, tócalle facer galletas.

Cura.- Bien, bien...veo una familia unida, de paz católica y dadivosa.

Ida.- Pode que teña razón...boeno de todo un pouco, pois limosnas moitas non damos, haille moita necesidade na casa.

Cura.- Si bendita, pero nuestro Dios se da cuenta y espera  tiempos mejores.

Ida.- Falta fai que agarde, senón iremos dereitiños ao inferno.

Cura.- No diga esas cosinas, todos teneis ganado la gloria.

Ida.- Iso si, non lle falta razón, tendo en conta o que pasamos nesta vida... que quer tomar...unha copiña de anis ou de viño de misa?, quedaron da malla dos fondeiros nas botellas.

Cura.- Un copetin de anis, dicen que es bueno para desgasificar.

Ida.- Que dí de desagasificar.. qué é iso... nunca tal cousa ouvin.

Cura.- Nada mujer, favorece la expulsión de gases.

Ida.- Ah, agora  entendo... fai escopetear, non quixen dicir iso..perdoe que fun pouco a escola.

Cura.- Si mullere, algo así..alivia la tripa y demás.

Espe.- Bos dias sr. cura.

Cura.- Buenos, buenos, Esperancita, que tal la semana...muy agetreada.

Espe.- Sí, moito traballo de costura e , logo con este tempo, coller molleiras a volta para casa.

Cura.- Si mocina, sí, las humedades hacen estragos en los cuerpos hay que resguardarse... pero tú eres joven, fuerte y llena de espiritualidad... ay juventud, juventud ¡¡.

Ida.- Si, si... juventud divino tesoro, quén poidera voltar a ela.

Cura.- Espe, te das cuenta de que estás en la flor de la vida, cuidala, no dejes que los pétalos caigan y sean pisoteados.

Ida -E a que ven o da flor, e veña cos pétalos, pro a iste cura o anis non lle fixo escopetear nada-.

Cura.- Ante Dios, los homes y las mulleres, debemos presentarnos limpios de pecado y a poder ser con su flor del alma intacta.

Espe.- Craro Sr Cura, si.

Ida - E dalle ca flor-, ... pró si aos Santos lles gostan as flores, aos homes tamén e vostede que ten estudos, sabe cas frores se non se  cheiran na pranta e se teñen que por no froreiro murchean e perden a cor.

Espe.- Nai, vostede que dí.

Cura.- De acuerdo, Ida, entiendo, entiendo, pero con xeito como decís vosotros.

Ida.- Ahi, ahí quería chegar eu.. quer outro copetín?, agora só queda misa o anis acabouse.

Cura.- No, no.. me voy corriendo a tocar la campana, hoy falta Patelo  (sacristán) y tengo que atender esas labores... no falteis al oficio trata el evangelio sobre San Mateo.

Gumer entra  co canado de leite e quedase escoitando... ante todo bos dias que non dormimos xuntos.

Sr. Cura, teño ouvido que San Mateo era cobrador de impostos, entón hoxe falara de que “moitos morremos sen ter nada seu”...eu non falto a misa si, para sempre, se resolve esta enmarañada.

Cura.- Vai con Dios, Gumersindo, vai con Dios y cuidate.

Gumer: Agarde, agarde non teña presa... non aguanta unha broma...je,je, en honor aos santos inocentes...ou é que istos no están no libro de ise evanxelio.

Ida.- Pois é verdade, son hoxe e nin conta me dín...non lle faga caso sr. cura o meu Gurmiño góstalle a retranca e  soña desperto con contos que lle contan a orella na taberna do Reguengo.

Cura.- No sé, no sé...para mí todos sois buenos feligreses y no debeis hacer caso a las habladurias de taberna.

Gumer.- Eu algo de catecismo sei e ún dos mandamentos que son para todos, dí “non mentiras..non sei como sigue”...en que quedamos... a ver si nos entendemos.

Cura.- Brigida, no me decías que te quedaba un culín de vino de misa.

Ida.-...Xa vou pola  botella...lavolle a copa?...iste elle moi floxiño, encargueillo a Enriqueta do almacén do Maragato... o que ten vostede a bo seguro que é moito millor... e sirve tamén para gasificar...xa non sei como se dí.

Cura.- No, no, ambos solo tienen gusto dulzón para ventear solo el anís...si, puede ser, me lo mandan del Bierzo en garrafas de dieciseis litros.
...Tomo la última , por no despreciar, y me voy corriendo pues ya son las once.

Gumer.- ...Tire amódo do cordel da campá , xa ten un nudo e cas rozaduras que fai no buraco a pisques está de romper...e para tornar o frio do corpo da saraiva non se emocione cos toques... boeno frio, frio hoxe non leva...é a confianza, xa sabe como as gasto.

Ida.-...Ai si sr. cura, vaia con xeito que logo se arma unha.. e non o tente o demo de subir ao campanario, toque dende o chan, sen forzarse...ainda que é novo non faltalle costume.

Cura.- Me gusta tocar el badal a pulso y remangado... sentir el ton,ton,ton abrazado a la campana y luego  escuchar el eco que se junta de la Portela, Lamarcide y Liñarede

Gumer.- ...Menudo eco ise...pró non axoia co resoar pegadiño ao ferro ... ay que ter amor ó arte e crer... eu non durmiría sono en toda noite co ton, ton nos oidos ...por iso non quixen estudar para cura.

Ida.-...Cura tí, estudar de qué..., por Deus, sr. cura, non suba ao campanario que están as escaleiras medio podres...e si o fai remangue a sotana ata cintura, que pode engadellarse nunha punta e cae a plomo e non o conta.

Nesto o abade marchou cantarruxeando camiño da igresia “...vengan a la fiesta del Señor”.

Ida.- ...Esperancita, cando remates traime a tina que teño que lavar os pés e logo a cabeza.

Gumer.- ...Será primeiro a cabeza, logo o resto do corpo e por último os pés...auga hai pouca.

Ida.- Mira non me poñas dos nervos, sempre fun moi limpa e lavada estou, só é pasar unha auga crariña para mudarme.

Gumer.- Ah, non sabía, perdoa...iste menda hoxe non pisa misa, San Mateo non vai arranxar nadiña , así que, millor ir tomar unha chiquita a Baldorta e relacionarse.

Espe.- ...Papá, non ven a misa, prometeullo ao cura.

Ida.- Nada filliña, as promesas de teu pai duran o cantar dun galo...apuremos que quero chegar antes da terceira badalada e ver a xente no adro.

Gumer deulle lume ao pitillo e saiu o primeiro...”esposa e hija, me voy hasta el xantar”, e, como bo cantador, afición collida cando foi mineiro na Felguera, colleu camiño do Rego do Corno, entonando: “Ai Maruxiña si queres que te espulgue, cérrame as portas e acubreme o lume, dareiche amor tódala semana, ainda que non teñas palluco na cama”...” A la negra le gusta el vino y más le gusta el tambor, sobre todo si se lo tocan con ritmo y con mucho amor”.

(continuará)





Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.