miércoles, 18 de enero de 2017

Fin da Campaña de recollida solidaria da Asociación As Minas


Desde a Asociación Cultural e Deportiva As Minas queremos poñer en conocemento de todos os veciños da Pontenova e arredores que un ano máis se superaron todas as previsións da campaña solidaria de recollida de alimentos, roupa e xoguetes que finalizou o pasado 15 de xaneiro.

Nesta ocasión sobrepasáronse os 1.500 kilos de mercancía recolectada que se distribue ás familias necesitadas do noso Concello por medio da Asistente Social e tamén para Cruz Vermella e Cáritas Diocesanas de Lugo.


Queremos agradecer especialmente ós puntos de recollida polo esforzo e traballo desinteresado que fan xa que sin a súa colaboración este éxito non sería posible. Estos comercios locais son a Clínica Son Saude, Supermercado Día, Supermercado Superti e A Tenda de Manolo e tamén o Instituto Enrique Muruais e o CEIP Plurilingüe de A Pontenova que tamén aportaron o seu.

Este ano involucrouse na campaña o Sporting Pontenova quen nos cedeu a entrada dun partido que se xogou no Campo da Mina para que os cartos e a mercancía recaudados ese día vaian tamén para este fin solidario e como non, dámoslles públicamente as gracias.

A Pontenova é solidaria, e con feitos coma este, que encima se repiten ano a ano queda máis que demostrado, é un éxito de todos e por eso GRACIAS A TODOS!!!

(Aquí vos deixamos unhas cantas fotos dos momentos da entrega de mercancía en cada un dos puntos de recollida)



                            







Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.