jueves, 20 de octubre de 2016

Fin de semana intenso para a S.D. Albións que estuvo en 4 carreiras distintas



Este pasado fin de semana foi de gran actividade para parte dos atletas da Sociedade Deportiva Albións que estuveron presentes en 4 frentes distintos.

O máis destacable foi a carreira na que participou Rubén Ron López (Rubén de Eugenia) que conseguiu rematar un ultra-trail de montaña nos Pirineos de 53 kms en 8 horas e 55 minutos. ¡¡¡ Noraboa Rubén !!!.

Por outra parte Ana Glez. Margaride participaba e ganaba entre as mulleres en Xermade (Lugo), Ramón Fernández (Ramón de Xudán) tamén acadaba un meritorio posto 14 absoluto na media maratón Monte Comado en Barreiros (Lugo) e por último Santi Coladas formaba parte tamén do pelotón que recorreu as calles de Pontevedra na media maratón que se celebrou na cidade do Lérez.


 


Comparte en facebook e axúdasnos a chegar a máis xente.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.