miércoles, 7 de septiembre de 2016

SPORTING PONTENOVA 2016-2017. A CRÓNICA

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 6

XORNADA 1

SPORTING PONTENOVA 3 - MONDOÑEDO F.C. 1


Sporting Pontenova: Ruben, Luis, Hector, Villi, Davicin (Roi), Andres Bouza, Tontxu (Maketo), Moro (Cristian), Puente (Jorgín), Matelo (Carlitos) e Adrian Pasarin. 


Goles: Adrian Pasarín II e Matelo. 

O Sporting Pontenova conseguiu os seus primeiros puntos da temporada, nun encontro dificil, pero que foi capaz de dominar. O equipo gualdinegro levou o peso e control do partido, chegando o descanso con 1-0. Na reanudación, aos 10 min establecia o 2-0 que parecía que falicitaría as cousas ao equipo de Dani Moirón, pero a falta de 10 min o Mondoñedo F.C. metíase no partido, tras un erro defensivo do Sporting Pontenova establecendo o 2-1. Tan so 3 minutos despois o Sporting Pontenova sentenciaba o partido co 3-1 definitivo.

Agradecer o numeroso público que se deu cita nas gradas do Municipal da Mina para acompañar ao equipo neste inicio de temporada.

O adestrador local comentaba ao finalizar o encontro "Vin ao meu equipo ben, pero con cousas que mellorar e moito traballo por diante. Ofensivamente creamos moitas ocasions, e levamos o peso do partido, defensivamente temos erros que nun futuro nos poden costar puntos. Esperemos traballar para solucionalos. Estou contento porque levamos ao terreo de xogo o traballado pola semana, e o posto no papel, que en moitas ocasions non é fácil. Nas 8 temporadas que levo aquí, nunca comezaramos a liga cunha victoria, polo que felicito aos rapaces e animoos a seguir traballando nesta liña"

Con respecto ao rival, Dani Moirón dixo: "Mondoñedo F.C., paréceme un bo equipo, cun bloque compacto. Reforzouse ben esta temporada. É un rival moi incómodo que lle  vai por as cousas moi difíciles a todos os equipos. Desexolles sorte nesta temporada"

"A clave do partido estivo en marcar tan rápido o noso terceiro gol e cerrar o partido, xa que o Mondoñedo F.C. veuse arriba co seu gol con 12 minutos de xogo ainda por diante"

A vindeira xornada desprazámonos ao Campo de O Pichón, en Muimenta, para medirse ao equipo local. Un conxunto recén descendido e un dos favoritos a estar na zona alta. O partido terá lugar o Sabado as 17:00h.

¡Aúpa Sporting!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.