martes, 6 de septiembre de 2016

Entrevista a José M. Veiga Pérez (Pepe da Caixa)


Entrevista realizada por Santi Coladas

Nesta sección sempre entrevistamos a xente nacida ou relacionada ca Pontenova e que por diferentes motivos vivía lonxe de aquí. Pero pensamos que tamén no propio concello hai moita xente que merece ser entrevistada porque a bon seguro teñen moito que contarnos das súas vidas. E é por eso que hoxe traemos a esta sección a un vecín (creo que conocido por todo o mundo), a Pepe da Caixa, a quen lle agradecemos a súa completa disposición para facer este pequena entrevista aínda que non é a primeira vez que colabora ca web xa que en máis dunha ocasión nos ten enviado artículos para publicar ou nos ten facilitado datos relevantes para outros temas.

José Marcelino Veiga Pérez (A Pontenova, 1.953)

Nota do entrevistado: Antes de nada decir que a entrevista vai contestada en galego do que falamos aquí, non no normativo que fala a xente de muito saber.

-pontenova.es: ¿En que lugar do Concello naciche e como lle chaman á casa de teus pais?

Nacín na Ermida na casa de Jesusa, unha tenda de ultramarinos que tiñan meus pais e un tío meu, que ahora é a Tenda de Manolo, meu irmau. Miña mai foi da casa de González, de Carballido  (A Fonsagrada) e meu pai da casa de Veiga de Pipín; meu pai antes de casarse era zapateiro, logo condo casou con miña mai xa se dedicou á tenda.

-pontenova.es: ¿A que escola fuche de tantas que había naquela época?

É curioso porque eu fun a escola de nenas de Vilaeimil e non á de nenos de Vilaboa, e a miña maestra foi Dª Amalia Fernández Valín; e a explicacion desto é que eu era mui amigo dos seus fillos, José Antonio, q.e.p.d. e Fernando e polo tanto éramos os tres nenos que íbamos a esa escola de nenas. No ano 1963 comencei a vir a clases á Pontenova para preparar o ingreso en bachillerato a unha mini academia que tiñan D. Enrique Fernández e a sua muller Dª Blanca Muruais na casa de Loureiro da Feira, donde logo tuvo o taller Suso Meilán, en xuño de 1964 aprobei o ingreso e en outubre dese mismo ano marchei pra Lugo pra facer o bachillerato e máis tarde preparar oposicións á banca.

-pontenova.es: ¿Cales son os primeiros recordos que se che veñen á cabeza da túa infancia e xuventude na Pontenova? 

Acordome que a escola levabamos un vasiño e no recreo dabannos leite en polvo que decían que viña dos Estados Unidos. Na miña casa vendían zocas e a min antoxaronseme unhas e leveinas un dia que chovía a escola e cando viñamos pra casa os demáis corrían pero eu como non sabía andar nelas cheguei a casa cas zocas na man. Tamén me acordo que tiña unha bicicleta pequena na que viña as clases á Pontenova e como eu tamén era pequenaxo deixabaa na Taberna de Miro  porque non podía con ela o lombo polos penedos de Xinzo e hasta alí viña andando. Tanto na Pontenova como na miña etapa en Lugo fixen amigos cos cales despois de cincuenta anos sigo conservando a amistade, con unhos máis e con outros menos como é lóxico; algún bon amigo por desgracia xa non está.
Xugabamos ó futbol no campo de Muruais pero o deporte preferido era xugar o futbolín no Bar Asturias, tamén iba ó cine algunha vez, xa de mozo iba á Xolda que era o único sitio donde divertirse que había e tamén algo á praia con algunhos amigos.

-pontenova.es: ¿A que te dedicache profesionalmente na túa vida?

Cando acabei a mili no ano 1976 a CAJA DE AHORROS MONTE DE PIEDAD DE LA CORUÑA Y LUGO convocou unha oposición pra quince plazas de auxiliares administrativos na provincia de Lugo, aprobei e destinaronme a Pontenova e nesa sucursal trasncurriu toda a miña vida laboral salvo algunha sustitución que fixen ocasionalmente en outras oficinas da provincia, cheguei hasta Quiroga. En noviembre do 2010 a empresa que en aquel entonces se chamaba NOVACAIXAGALICIA fixo un programa de prexubilacións o cual me acollín e en diciembre do 2011 deixei de traballlar despois de 35 anos, 8 meses e 12 días na misma empresa aínda que tuvo distintos nombres.

-pontenova.es: Ahora que estás xubilado, ¿Cales son os teus principales entretenimientos? 

Procuro andar todolos días un cacho e logo axudolle algo a Conchita, a miña muller, na casa; tamén me gusta facer algunha chapuza e ferragachar nos coches, leer El Progreso e darlle unha visual a outra prensa en internet, ás tardiñas acércome a Tenda de Manolo en donde boto unha parrafadas con varios conocidos que coincidimos alí muitas veces. A miña  afición mais grande foron os rallyes como espectador, sigo sendo seguidor na distancia dos irmáns Vallejo, e o 4x4 como participante en rutas pero ahora a verdá e que ambas aficións as teño bastante abandonadas.

-pontenova.es:  Como gran conocedor que eres do municipio, ¿que lugar ou lugares recomendarías visitar ós turistas que se acercan por aquí?.

En este concello pódense facer rutas interesantes, penso que a máis guapa e a de Reigadas, temos a área recreativa de Fondón, a romería do San Pedro Fiz e outas muitas cousas que ahora mismo se me esquencen.

-pontenova.es: Non podíamos rematar esta pequena entrevista sin que nos contases algunha anécdota que che teña sucedido na túa vida relacionada ca Pontenova, ¿Cóntasnos?

Da miña etapa laboral teño bastantes anecdotas pero que muitas non se poden contar polo secreto profesional pero vénseme a cabeza un caso que me pasou, ainda que eu non no considero anecdota. Morrera unha persona, estaba no tanatorio e enterrábase pola tarde e ese mismo día pola mañá viñeron por separado dous familiares para intentar saber os cartos que tiña e a nombre de quen, e repito aínda estaba a persona de corpo presente. No  ambito personal acordome que cando estabamos en Lugo a maioría dos da Pontenova no colexio Eijo Garay, xa sendo algo rapacetes empezamos a salir a tomar algún viño barato por alí, Ernesto de Macón, eu e algún amigo máis e nunhas vacaciós de navidá o volver pro colexio dixonos Ernesto "Hai un clarete que sabe muito mellor co que tomamos nosoutros que se chama rioxa".

Si che gustou esta noticia dalle a "compartir" no teu facebook. Axudarasnos a chegar a máis xente. Moitas gracias.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.