Entrevista realizada por Santi Coladas
Hoxe traemos a esta sección a Daniel Moiron Cotarelo (Rececende- A Pontenova, 1.987), entrenador do Sporting Pontenova que afronta este ano a octava temporada ó frente do primeiro equipo e que a pesar da súa xuventude xa é moi conocido polos campos de futbol de toda a provincia.
- Pontenova.es: A que anos empezáche
a práctica do futbol e quenes foron os teus entrenadores nos inicios?.
Non
me lembro exactamente a que idade, creo que con 10-12 anos, en categoría
Infantil. Comecei xogando ao Fútbol-Sala, daquela adestrábanos Andrés
Lombardero e Teijeiro. Mais tarde xa en Cadetes-Xuvenis foramos para o Cárnicos
Rios (Escolas de Fútbol de Riotorto) onde nos adestraran Pulgui e logo Ángel
Moirón.
- Pontenova.es: Daquela época
aínda queda algún compañeiro xogando?
Si,
algún queda, pero cada vez son máis os que optan por ir deixando de lado este
deporte. O compromiso que require é elevado, e a sociedade esta cambiando neste
aspecto. Por exemplo, Gene, xogando no Riotorto, Villi no Sporting Pontenova ou
Michu no Sporting Lucense entre outros, aínda están en activo e con moito
fútbol por diante.
- Pontenova.es: Cando decidiche
deixar o futbol en activo e pasar ós banquillos e cales foron os motivos?
Estudiei
INEF, daquela eran outros tempos e unha lesión podía complicar a situación
académica, estaba xa sacando o Título de Adestrador Nivel-1 e ademais a min
sempre me gustou mais adestrar que xogar. Coincidiu con unha reestruturación no
Sporting Pontenova e fichei como adestrador do equipo Xuvenil, da man de
Antonio Lombardero, foi aí onde comecei a miña andaina como adestrador.
- Pontenova.es: Cantos anos levas xa
como primeiro entrenador do Sporting Pontenova?
Esta
é a miña Oitava Temporada como técnico do primeiro equipo, dende a temporada
2009-2010. Xa van unha cantas, todos os anos comezo dicíndome “esta é a última”
pero hai algo que me ata a este club, a estas cores, a esta institución que non
sei describilo.
- Pontenova.es: De todos estos anos
cal foi o teu mellor momento?, e o peor?.
Non
teño ascensos nin descensos, o obxectivo de todos estes anos era manter e
tentar consolidar o equipo en Segunda Autonómica Rexional, e así foi, polo que
o mellor momento, pódese dicir que foi a Cea-Gala Fin de Temporada 2015-2016,
nese intre é cando realmente me din conta de que o traballo ben feito ten os
seus froitos, vendo o que medrou este club, esta institución; o equipo rexional
viña de conseguir a mellor clasificación da “era recente”, cun grupo humano
envidiable, o equipo xuvenil, do cal está saíndo todos os anos rapaces para o
primeiro equipo e os recéns creados equipos benxamíns e alevín, dos cales os
nenos/as que o forman radiaban a felicidade nas súas facianas, xunto co apoio
empresarial e institucional presente, sempre incondicional durante estes anos,
fan que a sensación de benestar, satisfacción e orgullo non puidese ser mellor.
So
trato de alimentarme dos bos momentos, das sensacións positivas. Momentos malos
houbo, claro que si, pero tento esquecelos o antes posible, que me sirvan como
aprendizaxe e non me gusta recordalos.
- Pontenova.es: Cales son os teus
referentes a nivel mundial en estilo de xogo, táctica, métodos, etc,…?
Pep
Guardiola, sen dubida, eu son Guardiolista. O estilo que utiliza, os métodos, a
elegancia, a aposta pola canteira, as rotacións do plantel, a forma de levar os
medios de comunicación cunha educación sempre exquisita e a alta motivación que
consegue manter en xogadores que xa o gañaron todo. Un adestrador que busca o
mínimo protagonismo e que sabe impregnar a súa propia marca persoal por onde
pasa.
- Pontenova.es: De todos os
xogadores que levan pasado polas túas mans hai algún/algúns que destacarías en
especial e porqué?
En xeral, todos os xogadores que
veñen a este club veñen para aportar, ou polo menos esa e a intención inicial
de todos. Tentamos coa elección e composición dos xogadores que sexa una grupo
san. Como dixo Vicente del Bosque “Un
vestiario san vale mais que cen horas de táctica”
A partir diso, cada xogador ten
unhas características diferentes e cada un destaca nunha faceta distinta. En
termos xerais, os xogadores que mellores condicións técnico-tácticas teñen, son
os mais vagos e viceversa.
Adestrei todo tipo de
xogadores, e de todos aprendín algo, xa
sexa para ben ou para mal, pero cada un contribuíu para facer este club mais
grande.

E si, habería xogadores que non
quixera volver ter baixo a miña batuta nun futuro, pero sempre son necesarios
neste proxecto de aprendizaxe continuo para non volver repetir os mesmo erros en
ocasions futuras.
Gustaríame, nun futuro próximo
volver adestrar a un xogador, que está pasando momentos difíciles, pero que, en
breves volverá estar sobre o rectángulo de xogo defendendo estas cores que
sempre amou, non se trata de outro que do señor Anxo Ginzo.
- Pontenova.es: Como levas o
feito de que gran parte da plantilla sexan amigos teus da infancia, xente ca
que sueles alternar, incluso familiares…iso dificulta a túa labor ou axúdache na
xestión do grupo?.
É
unha situación complicada para min, e sobre todo para eles. Teño que agradecer
publicamente o comportamento deles durante todos este anos, respecto absoluto e
un comportamento exemplar. Sei que non é fácil, cando con 21 anos chegas a un
vestiario e te pos a fronte dun equipo, adestrando xente de 30-35 anos, que
estaban curtidos neste mundillo, que xa pasaran por moitos adestradores, pero
volvo recalcar que dende o primeiro momento o comportamento non puido ser
mellor. É moi importante que cada un saiba onde está e o lugar que ocupa, e
sobre todo saber diferenciar o persoal do laboral. Adestrei e adestro
familiares, e teño que recoñecer que nunha me fixeron sentir incómodo, o
contrario; quizais eles por abuso de confianza pola miña parte son os primeiro
damnificados sempre.
Tamén
é certo que esta condición me ten causado algún que outro problema, xa que eu o
final estou aquí para tomar decisións, que as veces non gustan. Sempre tentei
que os problemas deportivos quedasen nos campos de fútbol e non afectasen as
relacións persoais, pero moitas veces é
difícil separar, e sobre todo hai xente que non o sabe facer.
- Pontenova.es: Esta temporada o
arranque ligueiro non puido ser mellor, cales son os obxectivos cos que parte o
equipo?
O obxectivo desta temporada e o de ser un equipo
competitivo, saír a competir cada partido, e si se pode, estar na zona alta da
clasificación, se ningún tipo de presión, tentando desfrutar en cada partido. É
unha liga moi complicada na que conseguir os tres puntos cada partido ten unha
dificultade moi alta, aumentando aínda máis si xogas como visitante.
- Pontenova.es: Quizá sexa esta
temporada o ano que tes a mellor plantilla desde que estas como mister do
Sporting?
Todos
os anos tentamos facer o mellor plantel para competir en condicións, e lograr
cos mínimos apuros posibles a consecución dos obxectivos marcados. Unhas veces
acertas e outras veces non tanto. É
moi difícil fichar xogadores, xa que é un club que non paga aos xogadores, polo
que o final si fichas xente é por
amizade ou por proxecto.
Nos
inicios deste proxecto a idea era de ter soamente xente da casa, pero
encontrámonos coa problemática de que moita xente válida para a práctica deste
deporte do noso Concello non quere xogar, non queren comprometerse, non queren
pertencer a un club serio (como se pode escoitar polos bares da vila, o típico
comentario que a min me enerva “ese era bon si quixera”), polo que si queriamos
medrar como equipo, tiñamos que reforzarnos con xogadores da zona e arredores,
decisión da que cada vez estamos mais convencidos, tamén é certo que de momento
sempre acertamos cos xogadores idóneos, e sobre todo coas persoas, que no
fútbol aficionado é que mais importa.

Levamos
dúas temporadas cun grupo humano excelente, que en cada adestramento ou partido
desfrutan e fan desfrutar, a día de hoxe
contamos cunha plantel de 20 xogadores
moi comprometidos, e creo que deportivamente un grupo moi equilibrado e cunha combinación
entre veteranía e xente xove clave para esta categoría. E un luxo e un pracer
poder adestralos.
- Pontenova.es: Despois de tanto
tempo recorrendo os campos de futbol provinciais seguro que tes un montón de
anécdotas, recordas con especial interés algunha delas?
Si, a verdade e que si, e sobre todo
si vas acompañado por ilustres desta entidade como Fidel Magadán “Magico”, as
anécdotas multiplícanse...
Especialmente non recordo ningunha,
pero cada día en sí é unha anecdota.
- Pontenova.es: Como te ves dentro
de 10 anos?. Gustaríache dar o salto a un equipo de superior categoría ou pasar
a outras facetas dentro do club?
¿Dentro
de 10 anos? Non sei o que vou facer ainda o proximo ano... Teño o Nivel-3 de
Adestrador, e si nun futuro si a situación laboral e persoal o permite,
gustaríame adestrar en categorías superiores, emprender novas experiencias e
continuar neste deporte que me apaixona. Non teño metas marcadas, polo que a
día de hoxe so penso en traballar duro con este equipo, e ser capaces de
brindar unha boa temporada.
Dentro
do club, por sorte ou por desgracia practicamente desempeñei case todas as
facetas; é un club humilde e hai que arribar todos o ombro, xogadores, corpo
técnico, directiva...
- Xa para rematar, algún mensaxe que
queiras dar a afición, directiva, xogadores, etc,…
Si, vou aproveitar esta ocasión para
mandar algún “recadiño”:
A directiva actual e en especial ao seu presidente felicitalos pola súa
traxectoria, colleron o equipo nunha situación delicada e creo que creceu moito
nestes catro anos en todas as facetas, en resumo, medramos como club. A
situación económica é solvente, melloráronse as infraestruturas, aumentouse o
número de clubs e forxouse unha seriedade e forma de traballar envidiable.
Animoos a seguir nesta liña, e aínda que as veces pareza que todo o traballo
(que é moito, máis do que calquera pode imaxinar) non se ve recompensado, eu
creo que non ten prezo ver a mais de 60 rapaces practicado deporte, defendendo
unhas cores e un escudo.
Aos xogadores, ínstoos a que sigan
nesta liña de traballo e compromiso coa entidade. Moitos deles fan un esforzo
grande para poder vestir a gualdinegra, e esperamos poder recompensalos con
trato cercan e familiar. Os xogadores pasados e os xogadores do presente,
dicirvos que aquí tedes a vosa casa.
A afición, que sempre os “solicitamos” cando estamos en apuros, esperemos
poder brindarlles unha temporada de
ledicia. Gustaríame que o apoio fose mais grande, que aumentase o número de
socios e colaboracións, que se volvese “falar de fútbol” os días de partido
pola maña na feira, e que a xente acudise ao Campo como antano. Abandonouse
esta tradición de “subir a Mina”, e é algo no que esta directiva está a
traballar. Probablemente o espectáculo non sexa como o do Real Madrid ou
Barcelona, pero acudir a un partido no cal os teus amigos, veciños ou coñecidos
están defendendo a hexemonía dun Concello como o da Pontenova no deporte do
fútbol, eu creo que non te prezo.
Comparte en facebook e axúdasnos a chegar a máis xente.