miércoles, 31 de agosto de 2016

"Anónimo" por José Luis Lodos Ginzo

…anÓnimo

A participación do anónimo en celebracións e en opinións dende a clandestinidade, sempre que observe as regras etablecidas, non debe censurarse, porque poidera ser elemento enriquecedor ao pretendido  no acto e na noticia.

O CAN que nada no baixeo do Eo amosanos co seu anonimato que quixo estar no evento e, ao tempo, deixanos a fermosura da expresión máis natural dun corpo sumerxido ca cabeza fora da corrente e vixiante, sen salvavidas, nen artiluxios de flotamento.
Para quenes non o coñecen é anónimo, para o seu dono é Troski, Sultán ou Zar, pro sempre será o seu can. Agora co penso: por qué a maioría  dos cans se chaman como persoeiros da Historia ou relacionados coa actualidade?. Seica, según contan, que o nome da firma comercial Bimba#Lola ten que ver con dúas cadeliñas propiedade dos fundadores,..o marketing enganase pro non sempre.
Egual estou cometendo un atropelo, un insulto ao refirirme ao CAN do rio, posto que, pode ser CADELA, non o fago por machismo, sí por descoñecemento do xénero do nadador/a, de antemán, por se me trabuquei, pídolle perdón.
O can adxetivado amigo fel do home da casa co acolle, gardán , sofridor da fame, das tristuras, chufado polo amo, insultado cando as cousas andan tortas, escorrentado sen saber o por qué, sempre en percura de leito que ao tempo de tornarlle o frio esté encravado en lugar de vixía para cos raposos e outros noctámbulos que cheirán arredor do galiñeiro, co continuo jao, jao, lisquen ao traveso da noite.
Non importa a raza, nen o tamaño, nen si é de palleiro, mastín, pastor, bo pro  xabaril, da lebre, rosmón ou lambecazolas. Todos son cans, amigos do home, escravos por chamarse domésticos e que sen iles moitos humáns morrerian antetempo,  non sobrevirian a catástrofes, outros non terian con quén falar e moitos non rematarian o capítulo da sua propia historia, por dicir algo, sen o can Bo ou a cadela Blondi.
Ó nadador  véselle ledo no medio do marmullo e os seus ollos reflexan a liberdade que sinte na auga, o control que a natureza lle deu para nadar sen aprendizaxe é o rei do baixeo é o can do que o amo infla o peito orgulloso.
O anónimo , xa non é anónimo, colleo o rastro o día preciso e baixou ao rio Eo, a hora de saída botouse as augas e mesturouse cas xentes, sen barca, nen remos,   se non chegou primeiro ao pozo da ola foi por non avergoñar aos demáis baixadores e non facerlle un feo ao seu dono.

Dos anónimos tamén se aprende.

José Luis Lodos Ginzo

Si che gustou esta noticia dalle a "compartir" no teu facebook. Axudarasnos a chegar a máis xente. Moitas gracias.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.