lunes, 4 de julio de 2016

A FAMILIA DE EVITA por José Luis Lodos Ginzo

210 Fotos antiguas de Argentina anteriores a 1900
Fuente:Fotos antiguas de Argentina
Rosina, cando tiña dezaoito anos, era unha rapariga pelirroxa de moi boas trazas , xenes
do pai Lucio Ferrara, de cabelo mouro como un tizón e da nai Indalecia Mozandeo, cabeleira loira e mesta que lle penduraba trenzada ata cintura. Lucio emigrara da Sicilia e Indalecia da aldea de Mozandeo, terras de Trabada. Nada ten que ver o apelido co lugar.
Pois ben, coas amizades e influencias dunha  acomodada madame, da que  era criada a nai, atopou traballo  na casa que tiña Ernesto Guevara e familia en Bos Aires, barrio de Palermo,   pois eran de caste rica , con industrias e plantacións de mate na provincia de Rosario de ónde  tiñan as raices.  Guevara, pai do que logo foi O Che , maior de tres irmáns, estudou menciña e foi ún dos pioneiros da revolución cubana.
Ista moza, na plenitude da xuventude, foi acollida na casa dos Guevara, ata tal punto, co  amo de sesenta anos, complacente e garimoso,  chegou a intimar con ila, millor dito, a entenderse en tódolos os aspectos. Aos vinte anos xa era xefa de chaves e comía na mesa coa familia.
Os encontros amorosos eran fora da casa, nun alpendre acolledor erguido perto do rio, xunto as plantacións de mate. O caso é que quedou preñada e no 1890 deu a luz  unha nena. Tamén, hai que dicir  cos seus ideais politícos dista xente foron a semente do que logo sería o movemento  peronista.
Á recén nacida puñéronlle de nome Evita o mesmo co da primeira dama arxentina, cousas que depara a vida e, por riba, viña ser a media irmá de Ernesto  Che Guevara. Coñecedores  a dona e fillos  de que a meniña era da familia por sangue , pese a elo, non  tivo privilexios, nen  herdanzas.
Rosina, ao pouco tempo de parir, atopouse cunhos arcóns cheos de roupa, alimentos e diñeiro para subsistir un tempo, metida ca filla  nun carro do señor ca carrexou  de Palermo a Boca para casa dos pais, nunca máis soubo dos Guevara.
Evita, cando tivo uso de razón, soubo por boca da nai  quén era seu pai. Tempo andando, mantivo interés pola vida do seu medio irmán  “El Che”, loitador nas serras de Cuba e de cando entrou trunfador na Habana. Chorou por íl o día co mataron en Bolivia. 
Evita Ferrara Mozandeo, cumpriu dez anos o día que casou su nai con Trueno Jaofiesta Ferreiro, un indio  que  fuxira da reserva de Corrientes, encravada na fronteira de Paraguai.
Os colonizadores fixeron desfeitas cos poboadores da América. A vida do apache non ten desperdicio, escomenzando polo nome, JAO, iste porque tódolos nativos indios levan nos xenes, cando ian en son de paz, levantar a man dereita a altura do ombro e ca palma ao frente facendo ángulo recto co brazo, berrar Jaoo¡¡, engadiranlle festa porque dende neno non facía máis que beilar, boeno, enguruñarse e escarrapatar en circulo ao son do tum, tum dos paos contra paos e Ferreiro, non fai falla moita explicación, o seu proxenitor foi un explorador galego que na Amazonia espallou a sua estirpe nos poboados indios e, cansos de adulterios, por orde do consello dos anciáns  rematou atado a unha árbore e cahmuscado na fogueira unha noite de San Xoán, úneca maneira de cas mulleres, solteiras, casadas e viuvas deixaran de ser catadas por iste pura sangue. Seica berraba a punto de rostrirse:  Ai miña nai  Toña, digalle aos veciños dos Gabeás que morro porque estou atado, pro satisfeito en praceres, non gardes loito, celebrade a festa de San Xoán¡¡. Todas choraron, estaban namoradas de Ferreiro.
Jaofiesta, sintiuse orfo de pai e unha noite tirouso nas fontes do nacemento  do rio da Prata,  estivo a nado tres noites e dous dias, a deriva nas augas que baixaban ao Atlántico, xa sen forzas, quedou barado no Mar de Prata arxentino. Atopárono uns pescadores, recollerono,  pola sua vida non daban un chavo, pro  mollaronlle os beizos con leite de llama e quedou dormido cinco dias.
Cando despertou, dun brinco púxose en pé e saiu como un lóstrego, bateo ca porta e caeo redondo ó chan, petando coa testa como un carneiro na pelexa, retembrou a choza como cando trona, dahí o nome de Trueno. Quedou atolondrado e cos ollos revirados amosando o branco; atárono a unha ferradura cravada na parede ata que collera confianza. Era forte como un xabaril, cunhas gadellas tordas como sedas de rabo de besta que lle chegaban  as coxas, duro de pel,  nen as pirañas, nen os tiburóns que entraban das augas saladas  poideron  incarlle os dentes, a bo seguro que a máis dún lles racharon cando o intentaron.
O pescador, Obrigado e a sua dona Laurita, sen fillos e sen trazas de telos. puñéronse moi ledos ca chegada divina de Trueno, xa andaban a arranxar  rexistralo na parroquia como fillo de sangue e  poñerlle os seus apelidos, gostarialles que fora Trueno Do Ceo Queimado. “Do Ceo”, porque Obrigado era portuxés vido de Braga e Queimado por Laurita, filla de galego emigrado da aldea de Busqueimado, terras da Veiga de Logares . Ata lle podian cambiar o nome ou engadirlle outro de primeiro, xa  tiñan elixido o de  Anxo, polo que no Rexistro anotariase como: Anxo Trueno Do Ceo Queimado. O indio non tiña voz nen voto, tampouco nada sabía das burocracias legais.
Abraiados quedaron  cando unha mañán atoparón só o chan  onde dormia , emburullado o pelexo de vaca co que se amantaba; outra vez  liscara, ista para sempre. Era imposibel loitar contra a natureza, a sua vida sempre fora  correr  dun lado  para outro, dacabalo ou a pé , cazar e  botar aturuxos de distinta execución. Estiveron tristes unhos días sen  o seu Anxo, futuro fillo e herdeiro, pro, axiña, déronse conta que non estaban en idade de domar a ninguén e daban grazas ao Deus  por conservar as cabeleiras.
Jaofesta andivo sin ton nen son unha semán, alporizabase co barullo da cidade, corría, aguchabase, sentíase presa de caza, sempre en garda para a loita.
Nunha disas carreiras, sen xeito, chegou ao porto de Bos Aires, alí, os ruidos, estouridos e berros eran como flechas  lanzadas polo inimigo branco, atopouse  diante dun gindastre que ía e viña ca carga, púxose a engatar por il ata chegar ao pico. Era un serán do trinta e ún de decembro, fín de ano, verán, estaba trollado, durmiu toda a noite no alto.
O día ún de Xaneiro, todo o porto en silenzo, só rachado polo batexar das augas contra os o casco dos barcos amarrados, os laios das gueivotas e ún que outro porteño  en zig, zag, esquivando, por milagre, de cair as aceitosas augas.

Jao ollou o chan e amodiño foi baixando. Dende aquela nunca máis engatou as alturas, nen por aposta,  dáballe voltas a cabeza.
Rosina casou con Jaofiesta, tocoulle en sorte nun concurso parroquial de “Unidos por la Fé y la Prueba del Querer”. Do querer non cheguei a saber si o houbo ou non, pro pracer tivo que haber, e, ao tempo, Evita xa tiña un pai que lle quería moito.

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.