lunes, 13 de junio de 2016

O SPORTING PONTENOVA APOSTA POLA CONTINUIDADE


Dani Moirón, continuará unha tempada máis como adestrador do primeiro equipo do Sporting Pontenova. Afrontará deste xeito a súa 8ª Tempada aos mandos do primeiro equipo da entidade gualdinegra, que dirixe dende a campaña 2009-2010.
Co obxectivo claro da salvación durante estes anos pasados e o de consolidar ao equipo na categoría, obxectivos que o técnico cumpriu con creces, refrendados con dous 5º postos nas dúas últimas tempadas surtíndose do equipo xuvenil e de xente da zona, o clube conseguiu a tan desexada estabilidade deportiva.
O adestrador pontenovés, que con tan só 28 anos a ben seguro seguirá sendo ao igual que os últimos anos un dos adestradores máis novos da categoría, na tempada recén rematada estreou o título de Adestrador Nacional (Nivel III).
Con respecto ao cadro de xogadores, o 90% da plantilla do ano pasado renovaron unha tempada máis, o técnico espera facer 2-3 incorporacións, que den ao equipo un salto de calidade máis dous rapaces que soben do equipo xuvenil. A  idea é a mesma dos últimos anos, conseguir a salvación o antes posible, sen pasar apuros, poder darlle oportunidades aos rapaces do equipo xuvenil e seguir nesa liña de traballo.
O equipo pontenovés botará a andar o luns 1 de agosto, por vez primeira poderá realizala na súa totalidade no remodelado Campo da Mina, xa que noutras campañas por mor de obras ou mantementos non podía levar adiante este período preparatorio nas súas instalacións.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.