miércoles, 15 de junio de 2016

Comunicado oficial Asociación Cultural As Minas


A Asociación Cultural e Deportiva As Minas de A Pontenova por medio deste comunicado oficial informamos que a celebración do 10º aniversario do Festival das Minas cambia de data pasando a ser este ano os días 16 e 17 de Decembro.
A coincidencia de fechas con multitude de eventos tanto do propio Concello como de
Concellos limítrofes fai que nos decantemos por este cambio radical de data deixando de facerse en Xullo como viña sendo habitual.
No obstante a Directiva xa estamos traballando duro para que o 10º aniversario teña a calidade musical, repercusión mediática e poder de convocatoria que se merece esta cita, que contará cunha gran carpa calefactada e al menos un grupo de renombre.
Seguiremos informando de todas as novedades, mentras tanto unha aperta a tod@s.

Asdo: Directiva da A.C.D. As Minas.
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.