viernes, 10 de junio de 2016

Acto reivindicativo de A Mariña Patrimonio

O próximo 18 de xuño ADEGA, Cultura do  País e Mariña Patrimonio, aproveitando o Arde Lucus, imos celebrar un acto reivindicativo de  defensa do patrimonio en Lugo cunha performance na que plantaremos eucaliptos na muralla de Lugo. 


Complementarase a actividade cunha comida de confraternidade no local de  Cultura do País e cunha visita, pola tarde, á zona arqueolóxica de Adai. 

O acto farase público e anunciarase á prensa a partir deste luns día 6. Mentres tanto, e para crear un pouco de expectación, imos  facer campaña nas redes baixo o hashtag #PlantandoNaMuralla.


Agardamos que vos sumedes!
Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.