martes, 26 de abril de 2016

Un día especial para Tito Margaride

Miguel González posa en el podio junto al ganador, Annnasse Mahboub, y el tercer clasificado. EP
Fuente foto: El Progreso
Envíanos este artículo o noso veciño Ramón Díaz López

O sábado foi un día especial para Tito Margaride, para a súa familia, para Mariano Castiñeira e para moita xente, como os seus veciños da Pontenova, que coñecemos a súa vida vinculada ao atletismo e temos na memoria o día en que paseando por Budapest cambiou a súa vida. A súa loita posterior, día a día, o seu afán de superación como atleta aplicado á crúa realidade da vida diaria foi seguido por todos nós con admiración e como exemplo.
Hoxe tócanos volver felicitalo. Outra vez Budapest agora co seu fillo que segue os seus pasos como deportista, pero nunha situación completamente distinta. O gran resultado deportivo conseguido por este o enchería de satisfacción e compensarao un pouco por todo o pasado desde aquel 1992.


Algúns recordos que se me veñen á memoria: a imaxe dun neno delgado máis novo que eu tamén veciño do barrio da Feira. A chegada ao pobo de Mariano Castiñeira, outro gran atleta do que lembro velo correndo pola estrada a Vegadeo adestrando pois era un gran corredor de fondo (unha vez lin na prensa que participara nunha carreira de 100 km e quedara cunha destacada posición). Despois seguir as noticias da súa vida deportiva e
persoal sempre moi ligadas a Mariano o seu descubridor e adestrador. Velo por Lugo xa con máis dunha vintena de anos, o seu corpo xa formado como atleta e como home. Despois da sua trombosis o emotivo recordo de Fermín Cacho nos Xogos Olímpicos de Barcelona. Asistir a unha homenaxe do mundo do atletismo en Santiago de Compostela onde destacou a participación do mencionado campión olímpico. E despois seguir a súa traxectoria como atleta paraolímpico e como persoa. Charlar con el algunhas veces que nos atopamos por Lugo ou coincidir en eventos deportivos onde participaban os nosos fillos.
Tamén ver adestrar ao seu pai e á súa irmá, aproveitando para incluír aquí recordos dos inicios desa gran canteira atletas encabezados por Ventura, de velos adestrar pola antiga vía do tren correndo como " rigiletes ", e que hoxe en día vemos os luns na páxina pontenova.es representándonos por medio mundo.
Un forte abrazo Tito, que seguro que comparto con moita xente .

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.