SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 7
SPORTING PONTENOVA 2 - MONDOÑEDO F.C. 1

Goles: Jorge Muñiz e Moro
O Sporting Pontenova conseguiu estrear os seu casilleiro de victorias no ano 2016 ante un sempre complicado Mondoñedo F.C.
Poñiase complicado o partido para o equipo gualdinegro ao fio do descanso, cando o Mondoñedo F.C. se adiantaba por medio dun penalti. Na segunda metado os locais foron a polo partido e a base de entrega e traballo conseguiron darlle a volta ao partido con goles de Jorge Muñiz e Moro, este último un gol de gran beleza tras unha boa xogada colectiva.
Na vindeira xornada o equipo desprazase ao Municipal de Alfoz para medirse ao C.D. Alfoz, partido que terá lugar o domingo 31 as 16:00h.
PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL. GRUPO 7
SPORTING PONTENOVA 3 - S.D. RIBADEO 2

Goles: Andrei III
O equipo xuvenil conseguiu unha bonita victoria para despedirse da competición ligueiro como local. O protagonista do partido foi o dianteiro Andrei que conseguiu anotar un Hat-Trick.
O equipo dirixido por Andrés Bouza rematará a liga o vindeiro sábado en San Ciprian.
SEGUNDA ALEVÍN F-8
RACING VILALBÉS "B" 5 - SPORTING PONTENOVA 2

Sp. Pontenova: Raúl, Marquiños, Leandro, Alex, Xacobo, Miguel Rivas, Nerea e Kevin. Tamen xogaron: Mario, Ivan, Iago e Paula.
Goles: Miguel Rivas II
O equipo alevín non puido cun rival mais fisico e con mais rodadura. Competiron e plantaron cara pero o partido terminou caendo para o equipo da Terra Chá.
O vindeiro domingo 31 as 11:30h no Campo da Mina rematan a liga como locais fronte ao E.F. Viveiro.
SEGUNDA BENXAMIN F-8 LIGA MOVISTAR
RACING VILALBÉS "B" 2 - SPORTING PONTENOVA 3

Goles: Paula, Paulo e Iago
Debut e subcampionato. O equipo benxamín, dirixido por José Mirada, proclamouse subcampión de liga no primeiro ano de competición. Nesta ocasión venceu nun igualdado partido ao Racing Vilalbés, e deste xeito, a falta dun partido son matemáticamente subcampións.
Na última xornada, recibirán nun bonito duelo ao campión do grupo, A.D. Porto Burela "B". O partido terá lugar na maña do sábado.
¡Aúpa Sporting!