martes, 29 de diciembre de 2015

Despedida do ano (Por José Luis Lodos Ginzo)

Canta o galo no poleiro
que remata iste ano,
e cacarexan as polas,
pensa ergueito e inflado,
cando saia ao galiñeiro
vounas galear a todas.
É Nadal do ano quince
o disfrute non é pecado,
quén sabe si o dezaseis

teremos galo raxado;
e si tí por mín e  eu por tí,
quedamos sen galeado?.
Dín as pitas, que ben,
xa temos galiños novos
somos máis en paridade
aquí non se poñen ovos
sen antes ser galeados.
Nadal, Aninovo e Reises,
eiquí xa naide se lembra,
cun galiñeiro ten leises,
e rixen sempre as do galo
ainda ca pola non queira.
Todas xuntas, cló, cló, cló,
encrestas e esbatoxas
como si foras noso amo,
si temos gañas galeas,
por Nadal morreche o ano.


¡¡ BO NADAL ¡¡
PONTENOVA

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.