martes, 3 de noviembre de 2015

SPORTING PONTENOVA. A CRÓNICA

Equipo Líder Categoría Benxamin. 

SEGUNDA AUTONÓMICA REXIONAL. GRUPO 7

SP. PONTENOVA 4 - IBERIA C.F. 1

Sp. Pontenova: Ruben (David), Puente, Jorge Gomez, Davicín, Villi, Borja Lombardero, Tontxu, Ivan Fdz (Keitas), Moro (Rodrigo), Adrian Pasarín e Alex (Luisín)

Goles: Tontxu, Alex, Jorge Gomez e Ivan Fdz.

Partido moi completo do cadro local, que a media hora xa mandaba por 3-0 no marcador. O equipo de Dani Moirón gozou da efectividade que lle faltou noutros encontros e impuxose a un duro e dificil rival.

A vindeira xornada o equipo gualdinegro visita o Campo da Fonte en Cospeito, para disputar a xornada 10, o partido terá lugar o sábado 07 de Novembro as 16:15h.

PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL

VIVEIRO C.F. "B" 7 - SP. PONTENOVA 0

Sp. Pontenova:Andrei, Ivan, Jesús, Álvaro, Christian, Marcos, Anxo, Juan, Dani, Fran e Roi. Tamen xogou Cubelas. 

O equipo xuvenil viuse superado por un bo Viveiro que xa chegou ao descanso con cinco goles de ventaxa. Na segunda metade o equipo dirixido por Andres Bouza estivo mellor, pero non foi capaz de anotar ningun tanto.

A vindeira xornada o equipo desprázase de novo a Burela, para medirse a A.D. Porto de Burela. 

SEGUNDA CATEGORÍA ALEVÍN F-8

C.D. SAN CIPRIAN 4 - SP. PONTENOVA 4


Sp. Pontenova: Raúl, Xacobo, Marcos, Kevin, Mario, Álex, Miguel, Leandro, Iván, Jesús, Iago e Paula. 


Goles: Miguel (IIII)

O equipo alevín trae un punto que sabe a pouco da súa visita o Campo da Veiga en San Ciprian, xa que faltando 3 minutos para o final do partido gañaba por 2-4. Miguel Rivas, nunha gran tarde foi o autor dos 4 tantos pontenoveses. 

SEGUNDA CATEGORÍA BENXAMIN F-8. LIGA MOVISTAR

S.D. RIBADEO "B" 1 - SP. PONTENOVA 2

Sp. Pontenova: Samuel, Mario, Iago, Marcos, Ruben, David, Oscar, Paula, Ismael, Diego, Paulo e Jonathan 

Goles: Paulo Ramallal e Mario. 


O equipo benxamín colócase líder da categoría logo de plasmar no terreo de xogo a súa mellora e conseguir dar a sorpresa en Ribadeo. Adiantábanse os locais, pero o Sporting en lugar de virse abaixo, deu un paso adiante e conseguia empatar por medio dun bo cabezazo de Paulo. Cando faltaban 5 minutos para o final, Mario logo dunha xogada persoal, poñia do definitivo 1-2 no marcador.


¡Aúpa Sporting!

Copyright © 2008 PONTENOVA.ES: Términos y condiciones de uso.